Que é seguridade activa e seguridade pasiva e porqué debes combinalas

12 Xaneiro, 2024

No dinámico mundo da seguridade privada, é crucial comprender as distintas capas de protección que poden salvagardar os nosos fogares e negocios.

Neste artigo, exploraremos as diferenzas entre dous enfoques fundamentais: a seguridade activa e a seguridade pasiva e explicaremos porqué é importante combinar ambas as dúas para aumentar a nosa protección.


Seguridade activa: o escudo visible.

O termo “seguridade activa” fai referencia ás medidas para fortalecer a resistencia dun lugar fronte a ameazas potenciais. É dicir, é todo aquilo que ten como obxectivo primordial previr e evitar posibles danos, xa sexa unha intrusión, xa sexa un incidente, como un lume ou unha inundación.

Aquí estarían incluídos, pois, tanto os elementos disuasorios (como as placas de aviso de conexión con empresa de seguridade), como os que impiden ou atrasan un asalto ou accidente.

Así, por exemplo, instalar unha pechadura intelixente ou avanzada é unha medida de seguridade activa, dado que vai aumentar significativamente a protección do inmoble ao ser moito máis difícil de vulnerar. Como xa comentamos noutro artigo, estas pechaduras utilizan cifrado avanzado e autenticación en dúas etapas para permitir o acceso sen necesidade de chaves físicas tradicionais, protexendo as comunicacións e os datos para comunicarse con dispositivos móbiles, como smartphones ou tablets; así, permiten o control remoto e a xestión dos accesos.

Do mesmo xeito, os vidros blindados aumentan activamente o nivel de seguridade e poden ser unha excelente barreira de seguridade para previr a intrusión a través de ventás ou escaparates. Pero, tamén é unha excelente medida de seguridade activa unha boa iluminación exterior, xa que é un elemento disuasorio moi eficaz contra os intrusos.

Outras medidas de seguridade activa que podemos utilizar son:

 

Seguridade pasiva: a resposta dinámica.

O termo “seguridade pasiva” fai referencia ás medidas encamiñadas a minimizar o dano cando se produce un suceso. É dicir, é todo aquilo que ten como obxectivo primordial minimizar as consecuencias e os danos mediante unha resposta inmediata.

Así, dentro desta denominación atopariamos:

Atención a usuario en Centro Receptor de Alarmas

Tamén se consideran elementos de seguridade pasiva os plans de autoprotección contra o lume, a sinalización de emerxencia, os aspersores ou os extintores e bocas de incendio equipadas (BIES), que nos permitirán actuar de forma rápida ante un incendio.

Os sensores de inundación e temperatura, conectados ou non a unha central, tamén contribuirán a minimizar as consecuencias negativas dun eventual problema no noso negocio ou fogar.

As gravacións efectuadas por cámaras de seguridade permitirannos unha posible identificación dos autores, a posibilidade de recuperar o roubado e, moi importante, non ter problemas con denuncias ou seguros.

 

Entón, un sistema de seguridade con conexión a unha Central Receptora de Alarmas, é seguridade activa ou é seguridade pasiva?

A resposta é que é a combinación perfecta de ambas. O sistema conectado a unha empresa de seguridade privada posúe elementos de ambas as “capas” de protección.

Por unha banda, estará provisto de seguridade activa, como, por exemplo:

  • Placas de advertencia de conexión a Centro Receptor de Alarmas que vixila a contorna 24/7.
  • Detectores de movemento.
  • Cámaras visibles.
  • Sistema de CCTV, Circuito Pechado de Televisión.
  • Avisador acústico de entrada/saída da propiedade.
  • Teclado con clave e/ou chaves electrónicas de acceso.
  • Inhibidor de frecuencia.
  • Control de accesos ou barreiras.

E, por outra banda, contará con seguridade pasiva, como, entre outros:

  • Sirena sonora.
  • Verificación de saltos de alarma.
  • Aviso inmediato a Policía ou Garda Civil.
  • Aviso ás persoas propietarias.
  • Botón de pánico.
  • Sensores de fume e temperatura.
  • Sistema de alimentación ininterrompido.

As cámaras de seguridade e os detectores son elementos, de seu, de seguridade tanto activa como pasiva, xa que a súa mera presenza produce un efecto disuasorio e as imaxes que captan axudan a minimizar os danos provocados por unha posible intrusión, xa que se utilizarán como proba para a detención e procesamento das persoas responsables e ante o seguro da propiedade.

 

Sinerxia entre ambos os enfoques: protección 360º

Na práctica, a combinación de seguridade pasiva e activa ofrece unha protección integral.

Lembra:

Seguridade activa: minimizar o risco      Seguridade pasiva: minimizar o dano.

Por exemplo, un elemento de seguridade deseñado para evitar o acceso dun ladrón, sería un compoñente de seguridade de natureza activa. Doutra banda, unha sirena de alerta sonora despois de que o ladrón accedese, sería un mecanismo de seguridade de enfoque pasivo. A instalación dunha pechadura anti bummping (seguridade activa) xunto cun canón de néboa (seguridade pasiva) crearía un escudo máis completo contra ameazas.

En España, as empresas de seguridade privada desempeñan un papel crave en asesorar sobre a mellor combinación de estratexias, adaptándoas ás necesidades específicas de cada cliente. A colaboración con expertos locais, que comprenden os matices da seguridade no contexto concreto, garante solucións efectivas e adaptadas.

Por iso, a seguridade activa e pasiva son elementos esenciais na protección contra ameazas. Ao entender as diferenzas e aproveitar a sinerxia entre ambas, podemos crear contornas máis seguras e protexer o que máis valoramos.

 

Lembra que en SEGURIDADE A1 somos especialistas en seguridade, que o noso Centro Receptor de Alarmas 24 horas se atopa situado en Santiago de Compostela e temos sedes en Madrid, Barcelona e Alacante, pero provemos de sistemas e servizos de seguridade en toda Galicia, toda España e parte do estranxeiro.

 

Se che resultou interesante este contido, poida que che interese:

Graos de seguridade nas alarmas privadas en España. Guía completa con todo o que necesitas saber

10 consellos sobre como aumentar a seguridade no teu fogar

Medidas de seguridade específicas para gasolineiras

Como usar un extintor en 5 pasos

Seguridade integral en Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra, La Rioja, Aragón, Cataluña, Comunidad Valenciana, Andalucía, Extremadura, Madrid, Castilla La Mancha y Castilla León.