Graos de seguridade nas alarmas privadas en España. Guía completa con todo o que necesitas saber.

7 Marzo, 2023

As alarmas privadas son unha ferramenta cada vez máis utilizada para garantir a seguridade de fogares e negocios, pero non todas son igual de seguras. Estas alarmas poden ser activadas en caso de roubo, intrusión, incendio ou outras situacións de emerxencia e existen distintos graos de seguridade para garantir o seu correcto funcionamento e evitar falsas alarmas.

Algo moi importante a ter en conta: todos os sistemas conectados a unha Central Receptora de Alarmas deben ser de Grao 2 ou Grao 3 como mínimo a 31-12-2023, polo que moitos deben actualizarse.


Que é o grao de seguridade?

O grao de seguridade da alarma é unha medida que indica o nivel de fiabilidade e resistencia do sistema e os elementos que compoñen unha alarma, como sensores, detectores ou centrais de control.

Os distintos graos de seguridade dos sistemas establecen unha gradación progresiva en función do risco, a natureza e características do lugar no que se vai a efectuar a instalación e a obrigación, ou non, de estar conectados a unha central de alarmas ou centro de control.

Á hora de elixir un sistema de alarma debemos ter en conta cal se axusta máis ás nosas necesidades en función do grao de seguridade que desexemos ou do grao que sexa obrigatorio por lei para o noso negocio.

 

Cantos graos de seguridade existen nas alarmas? Hai algún obrigatorio?

En España, as alarmas privadas clasifícanse en catro graos de seguridade, establecidos pola Norma UNE-EN 50131.

Esta Norma europea establece catro graos para os sistemas de alarma, os cales teñen prioridade sobre calquera regulación nacional. A Orde INT/316/2011 do Ministerio do Interior, que regula os sistemas de alarma no ámbito da seguridade privada en España, baséase neses catro rangos e establece os seguintes niveis ou graos de seguridade:

Grao 1, risco baixo:

Alarmas dotadas de sinalización acústica non conectadas a unha Central Receptora de Alarmas ou Centro de Control.

Este grao de seguridade utilízase para instalacións cun risco baixo de intrusión. As alarmas de grao 1 non están comunicadas cunha Central de Alarmas e adoitan contar con elementos básicos de detección, como sensores de movemento e contactos magnéticos. Ao non estar conectadas a unha Central ou Centro Receptor non permiten unha verificación externa da intrusión.

A Central Receptora de Alarmas, CRA, é un centro de control no que os especialistas en seguridade verifican e analizan todos os sinais e saltos de alarma e dan aviso ás autoridades ou servizos de emerxencia en caso necesario.

 

Grao 2, risco baixo-medio:

Están conectadas a unha Central Receptora de Alarmas e contan con detectores de movemento, algún con cámara de vixilancia que permite obter imaxes en tempo real se se produce un salto de alarma.

Este grao de seguridade adóitase utilizar para instalacións cun risco medio de intrusión, como vivendas con xardín ou terraza e negocios con acceso dende a rúa.

As alarmas de grao 2 necesitan comunicar cunha Central de Alarmas para verificar a alarma e poden contar con elementos de detección máis avanzados, como detectores de rotura de cristal, videoverificadores ou sensores de apertura de portas e ventás.

A principal vantaxe é que, ao estar conectadas cun centro de control ou empresa de seguridade, permiten o aviso inmediato á policía en caso de intrusión ou dano á propiedade.

 

Grao 3, risco medio-alto:

As alarmas de grao 3 atópanse destinadas a establecementos obrigados a dispoñer de medidas de seguridade, así como a outras instalacións comerciais ou industriais ás que, pola súa actividade ou outras circunstancias, se lles esixa dispoñer de conexión a central de alarmas ou a un centro de control.

Deben contar con elementos de detección máis sofisticados, como sensores de movemento con dobre tecnoloxía, un sistema de videovixilancia que permita a verificación dos sinais, a imposibilidade de que a alarma sexa neutralizada con inhibidores ou enmascaramiento e conexión a unha Central de Alarmas autorizada con dobre vía de comunicación.

Indicadas para instalacións industriais (con bens de gran valor), almacéns ou calquera negocio sensible en termos de seguridade (transporte e loxística, luxo en xeral…).

Este grao de seguridade utilízase tamén para instalacións cun risco alto de intrusión, como vivendas en urbanizacións ou negocios con múltiples accesos.

Hai negocios que, por lei, obrigatoriamente, deben ter instalados sistemas de seguridade; algúns deles son:

  • Farmacias.
  • Xoierías.
  • Entidades bancarias e crediticias.
  • Administracións de lotería.
  • Gasolineiras, estacións de servizo.
  • Despachos de apostas.
  • Salóns de xogo e salas de bingo (distintas esixencias en función do seu tamaño).
  • Establecementos de compra-venda de ouro.
  • Galerías de arte.
  • Tendas de antigüidades.
  • Museos.
  • Mutuas.
  • Empresas de seguridade privada.
  • En xeral, calquera negocio no que existan produtos ou mercadorías moi perigosas ou adictivas.

 

Ademais, algúns destes establecementos deben contar por lei con sensor sísmico e caixa forte construída con material de Grao 4, que deberá estar ancorada se o seu peso é inferior a 2.000 Kg.

A maiores, nas instalacións poden colocarse botóns de aviso de emerxencia (botóns de atraco ou pánico), detectores de temperatura e fume, canóns de néboa ou habitacións seguras, por exemplo.

 

Grao 4, alto risco:

Destinado a instalacións críticas e a lugares que, por lei, deben ter unha alarma homologada deste grao:

  • Industrias nuclear e química.
  • Instalacións de tipo militar.
  • Instalacións relacionadas coa enerxía, a saúde e a auga (como unha potabilizadora, por exemplo).
  • Empresas de seguridade de depósito de efectivo, valores, metais preciosos, materias perigosas ou explosivos.
  • Instalacións da administración, tributarias, financeiras e de investigación.
  • Outros sectores crave, como transporte ou alimentación, por exemplo.

 

Tipos de sistemas de seguridade que ofrece Seguridade A1:

Seguridade A1 comercializa sistemas dos graos 2, 3 e 4, conectados a nosa propia Central Receptora de Alarmas e personaliza todas as instalacións para garantir o máximo grao de seguridade e eficiencia.

Alarmas inarámicas:

As alarmas inarámicas son as máis populares actualmente pola súa eficiencia e rápida instalación sin obras. Conectan os sensores co panel de control a través de sinais, normalmente radiofrecuencia.

Poden adaptarse a calquera tipo de vivenda e sede de negocio (incluso en lugares de difícil acceso); instálanse rápido e o acabado é moi discreto. A maioría permite axustar sistemas de videovixilancia adicional para controlar zonas específicas do negocio ou fogar.

Alarmas cableadas:

As alarmas cableadas caracterízanse por conectar os sensores e o panel de control a través de cables. Resisten máis eficientemente algúns intentos de boicot (como os inhibidores), aínda que a instalación pode ser algo máis longa e custosa. Adoitan usarse para a protección de áreas industriais, empresas grandes, fábricas, granxas, fincas ou almacéns cun perímetro a cubrir maior.

Tamén cabe a posibilidade de instalar un sistema híbrido, con conexión tanto por cable como por sinal inarámica.

 

Estes dous tipos de sistemas mantéñense con cotas.

As alarmas con cotas fan referencia ás alarmas que necesitan do pago dunha cota mensual para seguir funcionando. O pago de cotas garante principalmente dúas cousas: por unha banda, a conexión coa Central Receptora de Alarmas (CRA) de maneira constante e, doutra banda, un mantemento periódico da alarma, que garante que os detectores funcionan correctamente e que a conexión coa CRA é constante e correcta.

Central Receptora de Alarmas de Seguridae A1
Alarmas para casa e alarmas para negocio.

Normativas a ter en conta para os sistemas de seguridade:

As lexislacións española e europea establecen un cambio de normativa para as instalacións de alarma que, despois de beneficiarse dunha moratoria, establecen que a 31-12-2023 é obrigatoria a instalación de equipos homologados e que todos os sistemas conectados a Central Receptora de Alarmas deben ser de Grao 2 ou Grao 3 como mínimo, polo que moitos deben actualizarse.

 

  • Medidas para a protección do patrimonio inmobiliario e contra a ocupación ilegal de vivendas.

Detectar un caso de okupación é especialmente importante porque se está cometendo un delito de violación de morada, segundo o artigo 202 do Código penal (CP). Pero, se as persoas okupas teñen algún documento que acredite que viven aí, como un recibo da luz ou da auga, a policía non pode entrar a valorar quen vive nesa vivenda e efectuar un desaloxo inmediato, senón que xa debe facelo un xuíz, co que a recuperación da vivenda complícase e atrasa. Máis información aquí.

Por iso é polo que as alarmas conectadas a CRA con videoverificación e aviso inmediato a policía xogan un papel importante para loitar contra estes delitos.

Ademais, as distintas lexislacións autonómicas establecen diferentes ferramentas contra a ocupación ilegal de vivendas.

 

En resumo, en España existen catro graos de seguridade para as alarmas privadas, que se adaptan ás necesidades de cada tipo de instalación e garanten un nivel de protección adecuado fronte a posibles intrusos ou situacións de emerxencia.

Á hora de elixir unha alarma, é importante ter en conta o grao de seguridade axeitado para cada caso, así como a calidade dos elementos que compoñen o sistema, para garantir o seu correcto funcionamento e garantir a túa seguridade.

Ten tamén en conta as posibles esixencias da túa compañía aseguradora á hora de instalar o sistema de alarma. Moitas veces, as compañías aseguradoras condicionan as pólizas ao grao de seguridade da alarma, polo que che recomendamos que o consultes antes de contratar ou adquirir o teu sistema.

No caso de que a lei esixa un sistema de seguridade dun determinado grao para o teu establecemento, a falta de cumprimento podería conlevar unha sanción económica en caso de ser inspeccionado.

 

Se che resultou interesante este contido, poida que che interese:

Teño que ter extintores no meu local? É obrigatoria a revisión? Todo o que necesitas saber.

Medidas de seguridade específicas para gasolineiras. Que necesitas ter para blindar a túa estación de servizo e aumentar o negocio.

Que é unha habitación do pánico e para que se utiliza?

 

Se queres máis información sobre os nosos sistemas de alarmasolucións de seguridade ou solucións para prevención e extinción de incendios, contacta connosco sen ningún compromiso.