Coñécenos
SEGURIDADE A1 É UNHA ENXEÑERÍA ESPECIALIZADA EN SOLUCIÓNS DE SEGURIDADE
A nosa andaina comeza en 1978 en Santiago de Compostela e desde entón estamos sempre alerta para protexer o que máis che importa. Empezamos sendo unha empresa instaladora de alarmas cun obxectivo claro: ofrecer a maior calidade nos nosos servizos. Decidimos dar un paso máis, apostar pola calidade, pero tamén pola innovación como outro dos piares imprescindibles para seguir medrando. Non últimos anos especializámonos noutros campos da seguridade como a videovixilancia, a protección contra incendios ou a intelixencia artificial. A experiencia e o noso compromiso diario por facer un pouco máis seguro o entorno que nos rodea lévanos a ser a primeira empresa galega de seguridade. Grazas á confianza dos nosos clientes e aos milleiros de instalacións que levan o noso selo podemos competir coas grandes multinacionais sen renunciar a nosa filosofía de empresa familiar e próxima.
VALORES/COMPROMISOS
CERTIFICADOS E AUTORIZACIÓNS
- Atención e manexo de instalacións de seguridade
- Mantemento e reparación de instalacións de seguridade e contra incendios.
- Instalacións electrónicas
- Instalacións eléctricas s.c.e