



















Sistemas de seguridade integrais para industrias, empresas e particulares
Empresa especializada na protección total: prevención e solución. Deseñamos, programamos, instalamos e mantemos solucións antiintrusión e antiincendios coa última tecnoloxía.
Alarmas, videovixilancia, extinción de incendios ou control de accesos con proxectos a medida

Protexer para medrar
Deseñamos, desenvolvemos e implantamos proxectos de seguridade aplicada á protección de inmobles e industrias, á detección e extinción de incendios, á domótica, ao control de accesos ou á videovixilancia.
Seguridade intelixente
Os sistemas de seguridade intelixente non só protexen instalacións e inmobles, tamén aportan información para traballar na prevención e ofrecen datos que che axudan a tomar as decisións axeitadas para o teu negocio ou para a túa vivenda; ou, o que é o mesmo, para facer a túa vida un pouco máis sinxela.
As nosas solucións baséanse na protección, a innovación e a tecnoloxía.
Ver máis

Protección
contra o lume
Deseñamos, instalamos e ofrecemos o mantemento de sistemas de detección e extinción de incendios.
Algunhas das industrias galegas máis destacadas confían en nós para protexer as súas instalacións do lume e para elaborar protocolos de seguridade e plans de autoprotección.
Ver máisEquipamento de seguridade
Proporcionamos medidas de seguridade para impedir ou atrasar o máximo posible unha intrusión e minimizar os efectos do roubo.
Instalamos portas acoirazadas de máxima seguridade e ofrecemos aos nosos clientes un servizo de cerrallería dispoñible as 24 horas do día.
Pechaduras analóxicas e dixitais, cristais blindados, sensores ou caixas fortes que almacenan información e son resistentes a inundacións, incendios ou humidade.
Ver máis

Centro receptor de alarmas
A Central Receptora de Alarmas permanente recibe e xestiona calquera incidencia ou necesidade nas instalacións dos nosos abonados as 24 horas do día.
Dende aquí impedimos as intrusións, os intentos de sabotaxe ou as avarías do sistema e prestamos apoio ao equipo técnico para lograr un servizo áxil e de calidade.
Ver máisConsellos e axuda
PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE SISTEMAS DE SEGURIDADE
Que sistema de alarma necesito para protexer a miña empresa ou vivenda?
Depende do tipo de instalación, dos accesos e dos riscos que se queiran cubrir. Un sistema antiintrusión debe adaptarse ás características de cada espazo e pode complementarse con videovixilancia e conexión a unha central receptora de alarmas.
Descubre as nosas solucións de alarmas e antiintrusión →
Que diferenza hai entre unha alarma e un sistema de videovixilancia?
Unha alarma permite detectar e comunicar posibles intrusións, mentres que a videovixilancia permite observar e rexistrar imaxes. Cando ambos os sistemas se integran, poden ofrecer unha protección máis completa.
Coñece os nosos sistemas de videovixilancia →
Podo ver as cámaras de seguridade da miña empresa ou casa desde o móbil?
Si. Moitos sistemas de videovixilancia permiten consultar as imaxes en directo ou as gravacións desde un móbil ou ordenador, sempre que estean configurados con acceso remoto e as autorizacións correspondentes.
Consulta as solucións de videovixilancia e CCTV →
Que é unha central receptora de alarmas e para que serve?
Unha Central Receptora de Alarmas (CRA) recibe e xestiona os sinais dos sistemas de alarma conectados. Cando se produce unha incidencia, aplica os procedementos de verificación e resposta correspondentes, incluída a comunicación ás Forzas e Corpos de Seguridade cando proceda.
Descubre como funciona a nosa CRA 24/7 →
Que sistemas de protección contra incendios necesita a miña empresa?
Depende da actividade, das características do edificio e da normativa aplicable. Segundo o caso, poden ser necesarios extintores, sistemas de detección e alarma, bocas de incendio equipadas ou outros equipos de protección contra incendios.
Coñece as nosas solucións de protección contra incendios →
Cada canto tempo hai que revisar os extintores e os sistemas contra incendios?
Os extintores e demais sistemas de protección contra incendios están suxeitos a operacións de mantemento periódicas, con frecuencias e requisitos que varían segundo o equipamento e a normativa aplicable.
Infórmate sobre o mantemento de sistemas contra incendios →
Como podo controlar quen entra na miña empresa ou instalación?
Mediante un sistema de control de accesos podes xestionar os permisos de entrada a determinadas zonas utilizando tarxetas, códigos ou outros medios de identificación, segundo a solución instalada. Con barreiras automáticas, cámaras de lectura de matrículas (LPR), tornos, postos de identificación de visitantes, etc.
Descubre os nosos sistemas de control de accesos →
Pódense detectar intrusións ou situacións de risco mediante cámaras con intelixencia artificial?
Si. Os sistemas de videovixilancia con analítica de vídeo poden identificar determinados eventos, como a entrada nunha zona restrinxida ou a presenza de persoas ou vehículos, e xerar alertas segundo a súa configuración. Tamén detectan patróns de conducta, situacións de risco ou accidentes, facilitando a toma de decisións ao respecto.
Coñece as nosas solucións de seguridade con intelixencia artificial →