A nosa andaina comeza en 1978 en Santiago de Compostela e, desde entón, estamos sempre alerta para protexer o que máis che importa. Empezamos sendo unha empresa instaladora de alarmas cun obxectivo claro: ofrecer a maior calidade e eficiencia nos nosos servizos. Decidimos dar un paso máis, apostando pola innovación como outro dos piares imprescindibles para seguir medrando. Non últimos anos, especializámonos noutros campos da seguridade como a videovixilancia,
a protección contra incendios ou a intelixencia artificial. A experiencia e o noso compromiso diario por facer un pouco máis seguro o entorno que nos rodea, convertéronnos na primeira empresa do sector da Seguridade privada en Galicia. Grazas á confianza dos nosos clientes e aos milleiros de instalacións que levan o noso selo, podemos competir coas grandes multinacionais sen renunciar a nosa filosofía de empresa familiar e próxima.
VALORES/COMPROMISOS
CALIDADE E ORIENTACIÓN AO CLIENTE
Apostamos pola formación continua do noso equipo, a mellora dos procedementos e a implantación de medidas de control de calidade, todo cun mesmo obxectivo: a satisfacción dos nos nosos clientes.
MEDIO AMBIENTE
Vimos de instaurar boas prácticas para reducir o impacto do noso traballo diario como sistemas de iluminación, refrixeración e calefacción eficientes, o uso de placas solares, ademais de medidas para a redución do uso de papel e xeración de residuos.
IGUALDADE
Sostemos que o acceso ao mercado laboral só debe valorar os méritos e capacidades e promovemos a presenza equitativa de homes e mulleres no cadro de persoal. Cremos firmemente que a aposta pola igualdade e a conciliación contribúe a un mellor funcionamento da nosa empresa.
INNOVACIÓN
A busca constante do máis novidoso no mercado é a garantía do noso crecemento, por iso implantamos solucións innovadoras en produtos, instalacións, compoñentes informáticos, softwares ou no noso propio modelo de negocio. Un gran parte da nosa facturación está destinada a I+D+I.










CERTIFICADOS E AUTORIZACIÓNS
Seguridade A1 conta cos seguintes certificados e autorizacións:
Sistema de Xestión da calidade certificado por Bureau Veritas segundo a ISO 9001.
Sistema de Xestión ambiental certificado por Bureau Veritas segundo a ISO 14001.
Empresa autorizada pola Consellería de Industria para a instalación e mantemento de todo tipo de sistemas de detección e extinción de incendios.
Empresa inscrita no Rexistro de Empresas de Seguridade do Ministerio do Interior.
Empresa inscrita no Rexistro de Empresas de Telecomunicación do Ministerio de Industria.
Empresa autorizada para a instalación, mantemento e manipulación de sistemas e equipos contra incendios que empreguen gases fluorados como axente extintor.
Empresa inscrita no Rexistro de Empresas Acreditadas no Sector da Construción.
Empresa inscrita no Rexistro oficial de Empresas clasificadas do Estado, nos seguintes epígrafes:
Atención e manexo de instalacións de seguridade
Mantemento e reparación de instalacións de seguridade e contra incendios.
Instalacións electrónicas
Instalacións eléctricas s.c.e