Centro de seguridade

Central Receptora de Alarmas permanente recibe e xestiona calquera incidencia ou necesidade nas instalacións dos nosos abonados as 24 horas do día. Dende aquí impedimos as intrusións, os intentos de sabotaxe ou as avarías do sistema e prestamos apoio ao equipo técnico para lograr un servizo áxil e de calidade. 

24 HORAS

Centro de Seguridade está activo as 24 horas do día e os 365 días do ano ofrecendo asistencia telefónica de xeito ininterrompido aos nosos clientes. 

SISTEMA ANTISABOTAXE

Un aspecto diferencial é a existencia dun exclusivo sistema propio antisabotaxe para neutralizar o efecto dos inhibidores ou dos cortes de liña. 

CERO FALSAS ALARMAS

Todas as alarmas que se producen nas instalacións dos nosos abonados son supervisadas polos nosos profesionais para non alterar a túa tranquilidade ata que se confirme a alarma.

PROFESIONAL CUALIFICADO

O noso persoal está amplamente cualificado nos sectores da seguridade e as telecomunicacións. Ademais, recibe formación continua en protocolos de actuación para proporcionar sempre unha asistencia de calidade. 

SERVIZO DE ACUDA

A Central Receptora de Alarmas xestiona o envío de profesionais de vixilancia a calquera hora do día e calquera día do ano á túa propiedade se recibimos unha alerta ou detectas un incidente.

SERVICIO DE AYUDA
RONDA EN VIVO

RONDA EN VIVO

O persoal de operacións da Central Receptora, de xeito virtual, ou o persoal de vixilancia, acudindo ás instalacións, visualizan e controlan a túa casa ou o teu local nun horario e durante un tempo determinados previamente marcados por ti.

Ademais, poderán intervir en caso de producirse algunha incidencia e mandar os eventos ao teu móbil para que non perdas nada.  

INTERVENCIÓN EN DIRECTO

Servizo para responder de xeito inmediato ás alertas de intento de intrusión.

A Central verifica o ataque, avisa á Policía ou Garda Civil e pode emitir mensaxes de voz para impedilo.  

INTERVENCIÓN EN DIRECTO
Escolta-virtual-desde-Central-Receptora-de-Alarmas-de-Seguridade-A1-seguridad-2-e1723398693509

SERVIZO DE ESCOLTA VIRTUAL

Para solicitar unha protección extra ante ameazas puntuais só tes que premer un botón.

Activarase un servizo de escolta a distancia. Dende a Central Receptora de Alarmas poden verificar, a través das cámaras, se hai alguén no perímetro, se está algunha persoa observando cando abres o negocio ou se unha saída está protexida.

TES ALGUNHA DÚBIDA? ESTAMOS AQUÍ PARA AXUDARTE

Máis solucións de seguridade

Seguridade intelixente

Protección
contra o lume

Equipamento de seguridade

TES ALGUNHA DÚBIDA? ESTAMOS AQUÍ PARA AXUDARTE

    Solicita información

    Cóntanos que necesitas e poñerémonos en contacto contigo.

    Información básica sobre protección de datos persoais

    Responsable:Sistemas de Seguridade A1, S.L.

    Finalidades:Xestión do contacto e da consulta realizada e, no seu caso, se se produce posterior encargo, a xestión do mesmo, incluída a xestión administrativa, contable e fiscal do encargo, así como o arquivo do expediente.

    Lexitimación:Consentimento da persoa interesada, interese da/do solicitante e propio, así como, se se produce encargo posterior, a relación que se estableza.

    Cesións:Non se cederán os datos a terceiros, salvo seu consentimento expreso ou as excepcións previstas pola normativa vixente. / Non están previstas transferencias internacionais.

    Dereitos:Acceso, rectificación, supresión e dereito ao esquecemento, limitación do tratamento, portabilidade, oposición, reclamación ante a AEPD e non ser obxecto de elaboración de perfís. Dereito a revogar o consentimento prestado.

    + info:Na nosa Política de Privacidade

    * Campos obrigatorios