Protección contra o lume

Deseñamos, instalamos e ofrecemos o mantemento de sistemas de detección e extinción de incendios. Algunhas das industrias galegas máis destacadas confían en nós para protexer as súas instalacións do lume e para elaborar protocolos de seguridade e plans de autoprotección.

DETECCIÓN, alarma E EXTINCIÓN de incendios

Os proxectos que desenvolvemos empregan as últimas tecnoloxías para detectar o quecemento en vivendas, locais ou industrias, tanto en exteriores como en interiores.

O obxectivo é actuar antes de se descontrole o lume e minimizar as consecuencias con diferentes dispositivos de extinción.
Tamén creamos solucións para previr, detectar e axudar na extinción de incendios forestais.

DETECCIÓN Y ALARMA
MANTENIMIENTO DE EXTINTORES

INSTALACIÓN E MANTEMENTO DE EXTINTORES e Bies

Encargámonos da subministración e mantemento dos extintores e Bocas de Incendio Equipadas (BIEs) do teu negocio para garantir a seguridade das persoas e do local e para que te esquezas das sancións.

Analizamos as túas necesidades, instalamos as solucións que necesites e ocupámonos de todo o mantemento.

SINALIZACIÓN DE EMERXENCIA

Proporcionamos os sinais que precisa a túa industria ou negocio para contribuír á seguridade do edificio e para previr riscos laborais en caso de incendio.

SEÑALIZACIÓN DE EMERGENCIA
AUTOPROTECCIONREC

PLANS DE AUTOPROTECCIÓN

Somos especialistas na redacción, implantación e seguimento de plans de emerxencia e tamén garantimos o seu cumprimento con simulacros e formación.

TES ALGUNHA DÚBIDA? ESTAMOS AQUÍ PARA AXUDARTE

Máis solucións de seguridade

alarmas & Seguridade intelixente

Equipamento de seguridade

Centro receptor de alarmas

TES ALGUNHA DÚBIDA? ESTAMOS AQUÍ PARA AXUDARTE

    Solicita información

    Cóntanos que necesitas e poñerémonos en contacto contigo.

    Información básica sobre protección de datos persoais

    Responsable:Sistemas de Seguridade A1, S.L.

    Finalidades:Xestión do contacto e da consulta realizada e, no seu caso, se se produce posterior encargo, a xestión do mesmo, incluída a xestión administrativa, contable e fiscal do encargo, así como o arquivo do expediente.

    Lexitimación:Consentimento da persoa interesada, interese da/do solicitante e propio, así como, se se produce encargo posterior, a relación que se estableza.

    Cesións:Non se cederán os datos a terceiros, salvo seu consentimento expreso ou as excepcións previstas pola normativa vixente. / Non están previstas transferencias internacionais.

    Dereitos:Acceso, rectificación, supresión e dereito ao esquecemento, limitación do tratamento, portabilidade, oposición, reclamación ante a AEPD e non ser obxecto de elaboración de perfís. Dereito a revogar o consentimento prestado.

    + info:Na nosa Política de Privacidade

    * Campos obrigatorios