Centro de seguridade
SOMOS TECNOLOXÍA PARA PROTEXER, OFRECEMOS INNOVACIÓNS PARA CRECER
O Centro de Seguridade permanente recibe e xestiona calquera incidencia ou necesidade nas instalacións dos nosos abonados as 24 horas do día. Dende aquí impedimos as intrusións, os intentos de sabotaxe ou as avarías do sistema e prestamos apoio ao equipo técnico para lograr un servizo áxil e de calidade.
24 HORAS
A central receptora de alarmas está activa as 24 horas do día e os 365 días do ano ofrecendo asistencia telefónica de xeito ininterrompido aos nosos clientes.
SISTEMA ANTISABOTAXE
Outro aspecto diferencial é existencia dun exclusivo sistema antisabotaxe para neutralizar o efecto dos inhibidores ou dos cortes de liña.
CERO FALSAS ALARMAS
Todas as alarmas que se producen nas instalacións dos nosos abonados son supervisadas polos nosos profesionais para non alterar a túa tranquilidade ata que se confirme a alarma.
PROFESIONAL CUALIFICADO
O noso persoal está amplamente cualificado nos sectores da seguridade e as telecomunicacións. Ademais, recibe formación continua en protocolos de actuación para proporcionar sempre unha asistencia de calidade.
SERVICIO DE ACUDA
A Central Receptora de Alarmas xestiona o envío de vixiantes a calquera hora do día e calquera día do ano á túa propiedade se recibimos unha alerta ou detectas un incidente.
RONDA EN VIVO
Os operadores da C.R.A, de xeito virtual, ou os vixiantes, acudindo ás instalacións, visualizan e controlan a túa casa ou o teu local nun horario e durante un tempo determinado previamente marcado por ti. Ademais, poderán intervir en caso de producirse algunha incidencia e mandar os eventos ao teu móbil para que non perdas nada.
INTERVENCIÓN EN DIRECTO
Servizo para responder ás alertas de intento de intrusión.
O operador pode verificar o ataque e avisar á Policía ou emitir mensaxes de voz para impedilo.
SERVIZO DE ESCOLTA VIRTUAL
Para solicitar unha protección extra ante ameazas puntuais só tes que premer un botón.
Activarase un servizo de escolta a distancia, o operador pode verificar dende a CRA, a través das cámaras, se hai alguén no perímetro, se está algunha persoa observando cando abres o negocio, se unha saída está protexida…