[

Protección contra o lume

]

SOMOS TECNOLOXÍA PARA PROTEXER, OFRECEMOS INNOVACIÓNS PARA CRECER

Deseñamos, instalamos e ofrecemos o mantemento de sistemas de detección e extinción de incendios. Algunhas das industrias galegas máis destacadas confían en nós para protexer as súas instalacións do lume e para elaborar protocolos de seguridade e plans de autoprotección.

DETECCIÓN E EXTINCIÓN

Os proxectos que desenvolvemos empregan as últimas tecnoloxías para detectar o quecemento en vivendas ou industrias, tanto en exteriores como en interiores.

O obxectivo é actuar antes de se orixine o lume ou minimizar as consecuencias con diferentes dispositivos de extinción.

Tamén creamos solucións para previr, detectar e axudar na extinción de incendios forestais.

MANTEMENTO DE EXTINTORES

Encargámonos da subministración e mantemento dos extintores portátiles do teu negocio para a seguridade do local e para que te esquezas das sancións.

SINALIZACIÓN DE EMERXENCIA

Proporcionamos os sinais que precisa a túa casa ou negocio para contribuír á seguridade do edificio ou para previr riscos laborais en caso de incendio.

PLANS DE AUTOPROTECCIÓN

Somos especialistas na redacción, implantación e seguimento de plans de emerxencia e a, tamén garantimos o seu cumprimento con simulacros e formación.