Como usar un extintor en 5 pasos

23 Xaneiro, 2023

Saber como usar de forma correcta un extintor pode ser decisivo nalgún momento; oxalá que nunca teñas que utilizar un, pero, se se dá o caso, é importante que saibas como debes facelo. Debes ter en conta que a situación na que podes necesitalo sería unha situación de risco na que os nervios che poden xogar unha mala pasada.


Unha rápida e eficiente actuación é a mellor forma de conseguir que non se propague o lume.

A continuación, contámosche que é, que tipos hai e como debes usar un extintor para sufocar un incendio.

 

Que é un extintor de incendios? Cantos tipos hai?

Un extintor é un recipiente metálico portátil e moi resistente destinado a almacenar un axente extintor a presión.

Hai distintos tipos de extintores e de distintos tamaños, dende pequenos (1 Kg), para vehículos particulares, por exemplo, ata os máis grandes, que se colocan nun carro con rodas para poder movelos.

Como xa temos comentado no noso blog, cada axente extintor ten propiedades específicas que o fan adecuado para o seu uso nun ou máis tipos de incendios. É tan importante coñecelos para escoller o máis axeitado como saber usar de forma correcta o extintor.

Non existe un axente extintor único, que nos poida protexer de todos os tipos de incendio, polo que se debe elixir o que mellor se adapte ao combustible presente ou posible causante do lume na nosa casa ou empresa.

En función do tipo de incendio, os extintores poden ser:

  • Extintor Clase A: para apagar lumes ocasionados por combustibles sólidos como madeira, cartón ou plástico.
  • Extintor Clase B: para lumes con combustible líquido, como aceite, pintura ou gasolina.
  • Extintor Clase C: para lumes con combustible gasosos, como butano ou propano.
  • Extintor Clase D: cando o combustible é un metal, como magnesio, aluminio en po ou sodio.
  • Extintor Clase E: cando o combustible conduce unha corrente ou cando o lume implica aparellos eléctricos, por exemplo, unha chispa nun circuíto ou un fallo nun cadro eléctrico.

 

O axente extintor é o composto capaz de apagar o lume, cada un indicado para distintos riscos, e, así, podes atopar extintores de:

  • Po químico: axeitados para lumes de clase A, B, C e eléctricos.
  • Auga e auga con aditivos: para lumes de clase A e B.
  • Escuma (AFFF): para lumes de clase A e B.
  • De gas (CO2): para lumes de clase A, B, C e eléctricos.
  • De acetato potásico: para lumes de clase B e C, especialmente deseñados para combater lumes producidos sobre aceites e graxas .
  • De compostos haloxenados: para lumes de clase B, C e eléctricos.

 

O extintor de po de eficacia 21A /113 B é o máis común e o que, como mínimo, deberemos ter, por exemplo, no caso de ser unha empresa. Máis información sobre os requisitos legais que deben cumprir as empresas aquí.

O máis común no fogar é o de clase ABC de po, porque son os riscos máis frecuentes nos domicilios, sen embargo, preto dun cadro eléctrico é probable que vexas extintores de clase E de CO2.

 

Os 5 pasos para utilizar o extintor.

Se te ves na necesidade de usar un extintor debes seguir os seguintes pasos:

  1. Asegúrate de que o extintor ten carga e descólgao.

    Ccomproba o manómetro se o ten, a agulla debe estar na zona verde. Se non é así, localiza outro extintor o máis axiña posible.

  2. Retira o precinto de seguridade.

    Tira do anel de protección para poder apertar a maneta.

  3. Asegúrate, de novo, de que o extintor ten carga.

    Pulsa a maneta para comprobar que sae o axente extintor antes de dirixirte ao lume. Debes facelo antes de achegarte ás chamas para non perder tempo cargando un extintor que non funciona e correr risco achegándote ao foco do incendio.

  4. Colócate a unha distancia eficaz e segura.

    Busca sempre unha distancia de seguridade, aproximadamente a 1,5 ou 2 metros das chamas. Colócate na dirección do vento: na medida do posible, colócate de forma que o fume e as chamas non vaian cara a ti.

  1. Apunta á base das chamas e fai ZIG-ZAG

    Co extintor en vertical, dirixe o chorro á base da chama, ao punto no que se está a orixinar o lume. Move a mangueira de esquerda a dereita ou de arriba abaixo (se é un lume vertical) para non dirixirte a un único punto da base das chamas.

Para rematar, pero non menos importante, lembra estes consellos:

Non lle deas ás costas ao lume nunca: mentres usas o extintor, non te poñas de costas ás chamas en ningún momento, nin sequera cando pareza extinguido, podería reavivarse e pillarte desprevido ou desprevida.

Usa todos os extintores dispoñibles a un tempo: se hai varios extintores, é máis efectivo usalos todos a un tempo entre varias persoas que “dun nun”.

Asegúrate de que o lume está totalmente extinguido: toma a precaución de asegurarte de que as chamas non se poden avivar. Baleira totalmente o extintor ou extintores utilizados, é a mellor precaución e non perdes nada porque os utilizados deben ser recargados de novo aínda que non se usara todo o contido.

Para evitar sustos e problemas é moi importante que teñas en conta o mantemento dos extintores, xa que, se non están en condicións cando os necesitemos, de pouco nos van servir. Máis info sobre as revisións por lei aquí.

Nas casas e nos negocios de hostalería e restauración é especialmente práctico ter, ademais de extintores, detectores de fume e de gas natural. Estes aparatos activan unha alarma acústica e mesmo poden enviar unha alerta á Central Receptora de Alarmas. Desta forma, aumentamos o nivel de seguridade de forma moi significativa.

Ante calquera situación de risco, ponte en contacto cos servizos de emerxencias.

 

En Seguridade A1 podemos asesorarte sobre extinción e prevención de incendios e intrusión segundo as túas necesidades exactasContacta con nós para solicitar un orzamento a medida sen compromiso.

 

Lembra que somos especialistas en seguridade, que o noso Centro Receptor de Alarmas 24 horas se atopa situado en Santiago de Compostela e temos sedes en Madrid e Alacante, pero provemos de sistemas e servizos de seguridade en toda Galicia, practicamente toda España e parte do estranxeiro.

Seguridade integral en Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco (Euskadi), Navarra, A Rioxa, Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía, Estremadura, Madrid, Castela A Mancha e Castela León.

 

Se che resultou interesante este contido, pode ser que che interese:

Teño que ter extintores no meu local? É obrigatoria a revisión? Todo o que necesitas saber.

10 consellos sobre como aumentar a seguridade no teu fogar.

Graos de seguridade nas alarmas privadas en España. Guía completa con todo o que necesitas saber.

Que pode facer a tecnoloxía polos nosos montes?

Se queres máis información sobre os nosos sistemas de alarmasolucións de seguridade ou solucións para prevención e extinción de incendios, ponte en contacto con nós sen ningún compromiso.