Teño que ter extintores no meu local? É obrigatoria a revisión? Todo o que necesitas saber.

14 Novembro, 2022

É obrigatorio que teña extintores? Cantos teño que ter? De que tipo? Onde deben estar colocados? E as revisións?

Estas son algunhas das dúbidas máis frecuentes á hora de abordar a seguridade nas nosas instalacións en canto a protección de incendios. Hai varios aspectos a ter en conta, contámoschos todos para que garantas a seguridade e cumpras estritamente coa legalidade.

 

Como referencia, todo local, aberto ao público ou non, ten que cumprir a normativa do Código Técnico de Edificación (Sección SE 4) que establece os medios de protección contra incendios dos que se debe dispoñer. Pero, ademais, débese observar o Regulamento de Instalacións de Protección contra Incendios (RIPCI) e as ordenanzas municipais de cada concello, que son de obrigado cumprimento.

Entón, que é necesario ter en conta como mínimo en canto a prevención de incendios? Que é obrigatorio?

 

  1. O tamaño do local.

En calquera caso, como norma xeral, é obrigatorio que haxa polo menos un extintor de po en todos os locais.

O extintor de po de eficacia 21A /113 B é o máis común e o que, como mínimo, deberemos ter.

As letras representan o tipo de combustible que pode extinguir un extintor: A, combustibles sólidos; B, combustibles líquidos. Os números representan o tamaño do lume que pode manexar un extintor; a maior número, maior capacidade de extinción.

A marca CE garante que o extintor foi fabricado segundo o esixido polo Regulamento de Equipos a Presión.

O tamaño do local é importante porque o número de extintores colocados debe garantir que o percorrido máximo dende o extintor ata un lugar de evacuación é de máximo 15 metros. Pero, nas zonas consideradas como de risco alto de incendio, hai que colocar un extintor cada 10 metros.

Estes 15 metros mídense dende a orixe de evacuación. Por exemplo, en hoteles, dende a porta de saída das habitacións e polos percorridos de evacuación. En industrias, a esixencia é maior e os 15 metros indicados han de respectarse dende calquera punto que poida ser ocupado.

 

  1. O nivel de risco.

A actividade que desenvolvamos no noso local ou os materiais que almacenemos tamén determinan o tipo e número de extintores que debemos ter, pois varía o risco de incendio.

Algunhas das actividades que se considera que supoñen un risco máis elevado e que, polo tanto, requiren máis medidas contra incendios son:

  • Aloxamentos turísticos.
  • Espectáculos públicos.
  • Actividades recreativas.
  • Presenza de vehículos de motor.
  • Establecementos sanitarios.
  • Plantas e instalacións frigoríficas.
  • Instalacións petrolíferas.
  • Centrais eléctricas.
  • Establecementos de fabricación, utilización e almacenaxe de explosivos.

En función disto, a empresa de protección contra incendio habilitada indicarache se se deben instalar extintores de CO2, de escuma, de po ou de auga con aditivos, xa que están indicados para distintos riscos, e tamén che indicará cantos debes ter.

Cada axente extintor ten propiedades específicas que o fan adecuado para o seu uso nun ou máis tipos de incendios. Non existe un axente extintor único, que nos poida protexer de todos os tipos de incendio, polo que se debe elixir o que mellor se adapte ao combustible presente ou posible causante do lume.

Tes máis información sobre os distintos tipos de extintores aquí.

 

  1. O lugar de colocación.

Como xa se comentou, os extintores deben estar colocados a unha distancia máxima dun lugar de evacuación, pero, ademais, deben estar fixados a unha altura de entre 0,80 e 1,20 metros do chan.

Todos deben estar sinalizados obrigatoriamente mediante sinais que cumpran a norma UNE 23033-1 e que teñan un tamaño de:

  • 210 x 210 mm, cando a distancia de observación do sinal non exceda de 10 metros.
  • 420 x 420 mm, cando a distancia de observación estea comprendida entre 10 e 20 metros.
  • 594 x 594 mm, cando a distancia de observación estea comprendida entre 20 e 30 metros.

Cando o sinal sexa luminiscente, debe contar con marcado conforme á norma UNE 23035 rotulado na súa superficie.

 

  1. O mantemento, as revisións.

É importante saber que a vida útil dos extintores de incendio é de 20 anos, pero deben ser sometidos a un programa de mantemento periódico obrigatorio para garantir o seu estado correcto de funcionamento e a súa fiabilidade. De pouco serviríanos ter todos os extintores necesarios se non fosen operativos no momento de necesitalos.

Unha vez ao ano, unha empresa habilitada debe realizar unha revisión completa para comprobar o estado do extintor. Ademais, cada cinco anos, debe realizarse unha revisión adicional con retimbrado, unha proba hidroestática que se realiza para comprobar que o extintor non teña ningún tipo de fuga e que poida funcionar correctamente no momento en que se necesite.

Adicionalmente, cada tres meses, débese realizar unha revisión máis sinxela dos extintores que pode ser realizada directamente polo usuario ou titular da instalación, aínda que tamén podes encargarllo a unha empresa autorizada, por suposto.

Se vas realizalo ti, deberás asegurarche de que:

  • Cada extintor está no seu lugar correspondente.
  • O extintor sexa o axeitado ao risco de incendio a protexer.
  • Non hai obstáculos para acceder aos extintores.
  • Están sinalizados con sinais claramente visibles.
  • As instrucións de manexo están situadas na parte dianteira e son claramente lexibles.
  • Os extintores non presentan ningún tipo de dano aparente (embocaduras, válvula, mangueira, etc.).
  • O indicador de presión (se hai), manómetro, atópase na zona de operación.
  • Os precintos ou os tapóns indicadores de uso non están rotos ou faltan.
  • Ningún extintor foi descargado total ou parcialmente.

Débese realizar un rexistro destas revisións e anotar a data e a persoa que as realiza.

En determinados casos pode ser necesario ou conveniente contar cun Plan de Emerxencia e Autoprotección que protexa o noso local e aos nosos traballadores en caso de lume.

E, se estás a pensar en abrir un local de máis de 100 m², non esquezas que a posta en funcionamento das instalacións require a presentación, ante o órgano competente da Comunidade Autónoma, do certificado da empresa instaladora ao que se refire o artigo 18 do Regulamento de Instalacións de Protección contra Incendios.

Deberá ser un técnico homologado quen nos indique cantos extintores debemos ter no noso local, onde deben estar colocados e de que tipo deben ser.

Normativa de aplicación:

 

Seguridade A1 é unha empresa habilitada e especializada en suministro e revisión de extintores e solucións anti incendio. Se queres consultarnos sen ningún compromiso, ponte en contacto con nós; estaremos encantados de axudarte.

Lembra que somos especialistas en seguridade anti intrusión e anti incendios, que o noso Centro Receptor de Alarmas 24 horas se atopa situado en Santiago de Compostela e temos sedes en Madrid, Barcelona e Alacante, pero provemos de sistemas e servizos de seguridade en toda Galicia, practicamente toda España e parte do estranxeiro.

Seguridade integral en Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco (Euskadi), Navarra, A Rioxa, Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía, Estremadura, Madrid, Castela A Mancha e Castela León.

Practiquemos a prevención de riscos, a seguridade intelixente.

 

Se che resultou interesante este contido, pode ser que che interese:

Como usar un extintor en 5 pasos.

Graos de seguridade nas alarmas privadas en España. Guía completa con todo o que necesitas saber.

Que é unha habitación do pánico e para que se utiliza?

Medidas de seguridade específicas para gasolineiras. Que necesitas ter para blindar a túa estación de servizo e aumentar o negocio.