Guía completa sobre as Torres de Videovixilancia: que son, para que sirven e como se utilizan.

25 Agosto, 2023

As torres ou  torretas de videovixilancia convertéronse nunha solución moi práctica e útil na seguridade moderna, especialmente cando se necesita unha solución autónoma, temporal e coa posibilidade de ser móbil.

Estas estruturas elevadas e equipadas con elementos de alta tecnoloxía demostraron ser unha ferramenta moi eficaz á hora de protexer propiedades, infraestruturas e persoas, ademais de ser, de seu, un elemento disuasorio. Ademais, para que a torreta proporcione a máxima seguridade, pode ir inserida nunha caixa de seguridade móbil, unha base sólida e resistente que protexe a solución de videovixilancia.

Neste artigo, exploraremos que son as torretas de videovixilancia, como se utilizan e as diversas formas en que contribúen a manter a seguridade en diversas contornas.


    1. Que son as torretas ou torres de videovixilancia?

Son estruturas elevadas sobre un mastro (normalmente de ata seis ou sete metros de altura) nas que se colocan elementos de seguridade e vixilancia, como cámaras, luces ou sensores.

En moitas ocasións, utilízanse para vixiar de forma temporal áreas sen infraestruturas, como poden ser obras ou proxectos que van pasando por distintas fases nas que hai que cubrir distintas necesidades e espazos. Tamén como solución de seguridade en espazos públicos para eventos como concertos, competicións deportivas, congresos ou encontros multitudinarios.

A posibilidade de que a estrutura da torreta sexa móbil aumenta a súa versatilidade, xa que o cliente ou usuario pode decidir cambiala de localización entre distintos enderezos ou propiedades que queira protexer. Por exemplo, cando se trata de obras, construcións ou negocios que teñen sedes, naves ou delegacións en distintas localizacións.

A caixa de seguridade na que se pode meter a torreta e o seu mastro están deseñados xeralmente en aceiro galvanizado, para garantir a súa resistencia fronte ás condicións climatolóxicas e posibles sabotaxes.

Adoita estar dotada con portas superiores que se poden pechar, portas laterais con fechadura e protección que impide rubir. Grazas a estes elementos, o mastro de seguridade extensible no que van colocadas as cámaras e os demais dispositivos (de iluminación, por exemplo) pode despregarse ou replegarse e, tanto os equipos de videovixilancia como os equipos electrónicos, quedar protexidos no interior da caixa.

Así, esta solución convértese nunha opción moi útil para construtoras, empresas de mantemento, cadeas de establecementos con varias localizacións (gasolineiras, supermercados…), promotoras, concellos, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (Policía, Garda Civil), etc.

 

  1. Cal é a diferencia entre unha torre de videovixilancia e unha cámara de seguridade tradicional?

As principais diferenzas radican na súa mobilidade e flexibilidade, as súas posibilidades de localización, capacidade de vixilancia, a súa cobertura e o seu custe.

Mobilidade e flexibilidade:

As cámaras tradicionais adoitan ser estáticas e non ofrecen mobilidade. Unha vez instaladas, o seu ángulo de visión mantense fixo, o que pode requirir múltiples cámaras para cubrir distintas áreas ou cambiar a súa posición física se é necesario.

As torres de videovixilancia son móbiles e poden ser desprazadas segundo as necesidades de vixilancia. A súa capacidade de rotación permite cambiar o enfoque de vixilancia con facilidade, o que as fai ideais para monitorear áreas máis grandes ou seguir obxectos en movemento.

Locación e alcance:

As cámaras de seguridade tradicionais instálanse de maneira fixa en paredes, teitos ou outros soportes específicos. A súa localización selecciónase en base á área que se desexa monitorear, pero o seu alcance adoita ser limitado, xeralmente abarcando un ángulo de visión determinado.

As torres de videovixilancia son estruturas autónomas e montadas en soportes elevados. Debido á súa altura e capacidade de xiro, teñen un alcance moito máis amplo e poden cubrir áreas extensas, proporcionando unha visión panorámica en 360 graos. A súa localización estratéxica permite monitorear zonas máis amplas e de difícil acceso.

Capacidade de vixilancia e tecnoloxía:

As cámaras de seguridade tradicionais poden variar en termos de resolución e características técnicas, pero en xeral, están deseñadas para cumprir con funcións de vixilancia básicas, como capturar imaxes e vídeos de alta calidade no seu campo de visión.

As torres de videovixilancia adoitan incorporar tecnoloxía máis avanzada, como cámaras de alta resolución, sensores, análises de vídeo en tempo real ou recoñecemento facial. Ademais, algunhas torres poden estar equipadas con iluminación infravermella para monitorear en condicións de pouca luz ou durante a noite.

Cobertura e custe:

As cámaras tradicionais son adecuadas para cubrir áreas pequenas e específicas, como entradas de edificios, corredores ou áreas de recepción. Se se require unha maior cobertura, pode ser necesario instalar múltiples cámaras, o que pode aumentar os custos.

As torres de videovixilancia son ideais para cubrir áreas máis amplas e extensas sen a necesidade de instalar varias cámaras individuais. Aínda que o seu custo inicial pode ser máis alto, a súa capacidade de vixilancia e mobilidade compensan o gasto ao reducir a cantidade de cámaras requiridas e facilitar a supervisión de áreas máis grandes.

 

  1. Compoñentes e características clave.Torre de videovigilancia CCTV

As torres de videovixilancia poden personalizarse cos elementos que se consideren necesarios e en función da protección que se queira obter.

Algúns dos elementos cos que poden dotarse son:

  • Cámaras de alta definición: proporcionan imaxes claras e detalladas tanto de día como de noite. Algunhas cámaras tamén contan con capacidades de panorámica, inclinación e zoom (PTZ), o que permite unha vixilancia versátil. Tamén poden estar dotadas de sensores térmicos ou realizar seguimento automático de obxectos e recoñecemento facial ou de matrículas.
  • Sensores e detectores de movemento: activan as cámaras, iluminación e sistemas de alerta cando se detecta unha actividade sospeitosa ou potencialmente perigosa.
  • Iluminación: focos con detectores de movemento e iluminación infravermella, que permite unha visión clara en condicións de pouca luz ou total escuridade, o que mellora a eficacia da videovixilancia nocturna.
  • Comunicación bidireccional: as torretas poden incluír altofalantes e micrófonos que permiten a comunicación entre os operadores de seguridade da Central Receptora de Alarmas, CRA, e as persoas na localización vixiada.
  • Conectividade e almacenamento: os equipos das torres conéctanse a unha rede de vixilancia e poden almacenar imaxes e vídeos nunha base de datos centralizada ou na nube.

 

  1. Usos e aplicacións.

As torretas de videovixilancia convertéronse nunha ferramenta extremadamente útil para garantir a seguridade en distintas contornas. Algunhas das súas aplicacións son:

  • Seguridade en grandes instalacións: as torres utilízanse para protexer plantas industriais, grandes empresas, refinerías, minas, parques eólicos ou solares, potabilizadoras, instalacións militares e outras infraestruturas críticas.
  • Seguridade perimetral: son perfectas para protexer perímetros grandes, como aeroportos, estacións de tren, portos marítimos ou intercambiadores. A súa capacidade para monitorear áreas extensas reduce a necesidade de instalar múltiples cámaras individuais, o que supón un aforro en custos e mantemento.
  • Vixilancia en eventos e concentracións: en eventos masivos, como festivais, espectáculos, eventos deportivos ou manifestacións, as torretas de videovixilancia son ferramentas esenciais para garantir a seguridade ou o control do tráfico.
  • Supervisión de áreas remotas: en zonas rurais ou lugares de difícil acceso, as torres de vixilancia proporcionan unha visión clara de áreas extensas, como granxas, parques nacionais, parques eólicos e solares ou fronteiras.
  • Vixilancia en centros urbanos: en áreas urbanas contribúen á seguridade pública ao monitorear rúas, prazas e puntos de interese.
  • Monitoreo remoto e resposta rápida: estas torres conéctanse a unha plataforma de control centralizada que permite aos operadores da Central Receptora de Alarmas, CRA, supervisar e controlar as cámaras de forma remota. Isto é especialmente útil en áreas de difícil acceso ou en situacións de emerxencia.
  • Prevención de delitos: a presenza visible de torretas de videovixilancia disuade a posibles delincuentes e, en caso de incidentes, proporciona probas para a investigación.

Torreta videovigilancia en espacios públicos

As torretas ou torres de videovixilancia demostraron ser unha ferramenta altamente efectiva para mellorar a seguridade en diversas situacións. Serven para previr numerosos delitos contra a propiedade e contra a integridade das persoas.

 

O roubo e o vandalismo son dúas das ameazas ás que se enfrontan moitos sectores, dende proxectos de construción ata negocios como as estacións de servizo ou as grandes superficies. Ademais das perdas materiais e danos ocasionados por roubos ou actos de vandalismo, estes delitos tamén poden xerar atrasos en execución que teñen implicacións comerciais e poden afectar negativamente á reputación da empresa.

 

As torres de videovixilancia ou torretas de seguridade, convertéronse nun recurso esencial tamén para mellorar a seguridade cidadá en diferentes contornas urbanas e rurais. Estas estruturas autónomas desempeñan un papel crave na protección de comunidades e a prevención de delitos, dende grandes urbanizacións e espazos residenciais a granxas ou explotacións agrícolas ou gandeiras.

A mera presenza destas torres en áreas públicas e zonas sensibles crea unha sensación de vixilancia constante, o que inhibe a potenciais criminais de cometer actos ilícitos. As torretas permiten cubrir áreas extensas que poden ser difíciles de protexer con medios tradicionais.

A capacidade de monitorear estes lugares sen requirir unha gran cantidade de recursos humanos é unha vantaxe significativa para as forzas de seguridade. Ao permitir unha vixilancia constante e detección temperá de problemas, estas torretas facilitan unha resposta rápida e efectiva dos servizos de seguridade ou de emerxencia.

 

En resumo, entre as súas múltiples vantaxes, podemos destacar:

  • Instalación e montaxe en calquera localización.
  • Configuración flexible: instalación de equipos con total adaptación ás necesidades de cada cliente.
  • Vixilancia e obtención de datos 24 horas.
  • Cobertura 360 graos, perspectiva estratéxica.
  • Robustez e resistencia.
  • Despregamento rápido.
  • Fácil uso.
  • Mobilidade.
  • Inversión eficiente e aforro de costes.
  • Xestión remota.
  • Analítica dos datos obtidos.
  • Elemento disuasorio.

En Seguridade A1 podemos deseñar para ti a torre de videovixilancia que ti necesites. Contacta con nós para solicitar un orzamento a medida sen compromiso.

 

Lembra que somos especialistas en seguridade, que o noso Centro Receptor de Alarmas 24 horas se atopa situado en Santiago de Compostela e temos sedes en Madrid, Barcelona e Alacante, pero provemos de sistemas e servizos de seguridade en toda Galicia, toda España e parte do estranxeiro.

 

Se che resultou interesante este contido, poida que che interese:

Graos de seguridade nas alarmas privadas en España. Guía completa con todo o que necesitas saber

Medidas de seguridade específicas para gasolineiras. Que necesitas ter para blindar a túa estación de servizo e aumentar o negocio

Como usar un extintor en 5 pasos

Que é unha habitación do pánico e para que se utiliza?

 

Seguridade integral en Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco (Euskadi), Navarra, A Rioxa, Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía, Estremadura, Madrid, Castela A Mancha e Castela León.