Construíndo cidades intelixentes ao servizo das persoas

13 Decembro, 2019

Cremos que ofrecer seguridade ás persoas va máis alá de garantir a súa protección. A seguridade real é aquela que da tranquilidade e axuda a mellorar a calidade de vida da xente.

Coa aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) é máis sinxelo desenvolver un entorno no que se faga un uso máis eficiente dos recursos, dende a xestión da mobilidade e o transporte público ata a mellora da sostibilidade medioambiental. Facer das cidades un lugar máis agradable para vivir é o obxectivo  principal das Smart Cities, as cidades intelixentes.

Empregando a visión artificial, é dicir, aplicando as funcionalidades da intelixencia artificial as cámaras coas mellores características técnicas conseguimos espazos intelixentes nos que a túa vida é un pouco máis sinxela. .

Que aplicacións ten a visión artificial na xestión das cidades?

As cámaras intelixentes poden regular a iluminación en rúas e estradas. Tamén poden garantir a seguridade en eventos moi masificados mediante o control de aforo e a detección de incidentes. Ou, incluso, automatizar edificios controlando os accesos ou a xestión de recursos.

Pero, sen dúbida, unha das aplicación máis interesantes que nos aporta a visión artificial nas Smart Cities é a que axuda a regular o tráfico e mellorar a mobilidade en zonas urbanos.

As cámaras intelixentes poden diferenciar o tipo de vehículo que está circulando (camión, autobús, coche, motocicleta, bicicleta…) e tamén diferencialo dun peón. Ademais, recoñece a cor do automóbil, rexistra a velocidade á que circula, detecta mediante GPS a súa localización, determina o tamaño e tamén a traxectoria que segue o vehículo. Ademais poden contar  o número de vehículos e peóns que pasan por unha determinada zona como podemos ver neste vídeo.

Se cruzamos esta información coas normas de circulación e de seguridade viaria podemos obter datos moi valiosos para os xestores da mobilidade na cidade. A observación de estado do tráfico con todas estas variantes permite a detección automática de incidentes; a identificación en caso de infracción (xiros non permitidos, saltos de stop ou circulación en sentido contrario): a seguridade dos peóns; a xestión e o control de aforo de aparcamentos ou previr colas e retencións