¿Que pode facer a tecnoloxía polos nosos montes?

13 Decembro, 2019

Case un 65% dos incendios forestais que se producen en España, localízanse no noroeste peninsular, e só en Galicia o 50% do total, ou o que é o mesmo, 6.000 sinistros ao ano. Son datos que se desprenden do informe de WWF El polvorín del noroeste.

Este estudo tamén recolle que o lume orixínase pola combinación de tres elementos, alguén que prenda lume (só o 4% prodúcense por causas naturais), un territorio inflamable e unhas condicións meteorolóxicas favorables para a propagación das lapas. A primeira misión que temos como sociedade é traballar en concienciación, para que a acción do ser humano deixe de estar detrás da maioría dos lumes. A segunda, apostar pola prevención.

Nos últimos anos diversos proxectos dedicaron os seus esforzos a atopar solucións tecnolóxicas para reducir a probabilidade de que se orixine un incendio ou, ao menos, para minimizar os seus efectos. Un dos máis frutíferos, avalado pola Unión Europea, é Bseed Watch, desenvolto pola empresa Pyro.

Prevención, acción, resolución

O primeiro eixe que define este sistema de seguridade contra incendios forestais é a recompilación de información. Grazas á instalación dunha rede de sensores nos montes, podemos obter datos en tempo real para coñecer o nivel de risco. Toda a información é almacenada nunha plataforma online para que as autoridades poidan actuar e alertar á poboación. En caso de producirse o lume, o sistema envía unha alerta de xeito inmediato. Ademais, a plataforma ofrece un mapa do incendio en tempo real, así como o tamaño, a evolución e a dirección das lapas para facilitar as labores de extinción aos equipos de emerxencia.

 

Protección activa

O segundo eixe que complementa a protección son as medidas de prevención activa. Os sistemas Nub-e LADO permiten instalar cortalumes de funcionamento automático por temperatura, creando perímetros e zonas seguras rapidamente.


Nub-e® Sistema móvil y autónomo contra incendios forestales


Equipos de Protección Individual (EPI) para la Lucha Contra Incendios Forestales (MMA)

A solución Bseed Watch pode ser de gran utilidade en municipios, comunidades de montes ou urbanizacións, destas últimas son poucas as que contan con plans de autoprotección contra o lume.