10 consellos sobre como aumentar a seguridade no teu fogar

31 Maio, 2023

A seguridade do noso fogar é un aspecto crucial nas nosas vidas. Queremos sentirnos seguros e protexidos dentro das nosas propias paredes. Por sorte, hai moitas medidas que podes tomar para que a túa casa estea ben protexida. Neste artigo, compartimos contigo trucos e consellos importantes sobre como protexer o teu fogar e manter a seguridade da túa familia.

 

En termos de seguridade e protección, non é o mesmo vivir nun piso que nunha casa unifamiliar. Nin é o mesmo vivir no centro dunha cidade que nunha casa illada nas aforas.

Os puntos vulnerables da nosa vivenda tampouco son os mesmos se vivimos nun baixo que se estamos no sexto andar; se temos terraza, se temos garaxe individual, etc. Sen embargo, si que hai unha serie de pautas e consellos que todo o mundo pode seguir e que poden ser de utilidade en todos os casos. Aquí che deixamos dez dos máis salientables.


  1. Mantén as portas en boas condicións e mantelas ben pechadas.

Parece de Perogrullo, pero… non por obvio deixa de ser imprescindible. Unha porta co ferrollo pasado é máis segura que unha que deixamos só co deslizamento ou esvarón (que é bastante doada de abrir). Esteas ou non na casa, pecha con chave, é un xesto sinxelo e doado que aumenta con creces a túa seguridade.

Asegúrate de que todas as portas exteriores da túa casa estean fabricadas con materiais resistentes, que están en boas condicións e non necesitan ser reparadas. Comproba tamén que teñan pechaduras seguras.

Considera a instalación de pechaduras reforzadas ou de cilindro de alta seguridade se queres aumentar o nivel de protección do teu fogar.

 

  1. Instala pechaduras intelixentes:

As pechaduras intelixentes son unha opción moderna e segura para protexer o teu fogar. Estas pechaduras permiten o acceso sen necesidade de chaves físicas tradicionais. En lugar diso, utilizan tecnoloxía como a conectividade Bluetooth ou Wi-Fi para comunicarse con dispositivos móbiles, como smartphones ou tablets, permitindo o control remoto e a xestión dos accesos á túa casa.

Unha das vantaxes das pechaduras intelixentes é a capacidade de proporcionar acceso temporal ou limitado a visitantes ou persoas de confianza. Podes outorgar códigos de acceso temporais a familiares, amigos ou servizos de entrega, permitindo que entren na túa casa durante un período específico de tempo. Tamén podes recibir notificacións en tempo real cando alguén abre ou pecha a porta, o que aumenta a seguridade e a tranquilidade.

Outro beneficio das pechaduras intelixentes é a súa integración con sistemas de seguridade e dispositivos domóticos. Podes sincronizar a pechadura intelixente coa túa alarma de seguridade, permitindo que se active ou desactive automaticamente cando a porta se abre ou pecha. Ademais, podes controlar a pechadura a través de asistentes de voz como Alexa ou Google Assistant, facilitando o seu manexo e incorporándoa á túa casa intelixente.

É importante destacar que as pechaduras intelixentes, ademais de comodidade, tamén ofrecen un alto nivel de seguridade. Moitas delas utilizan cifrado avanzado e autenticación en dúas etapas para protexer as comunicacións e os datos. Algúns modelos tamén teñen características de detección de intrusos, como alarmas incorporadas ou bloqueo automático despois de varios intentos fallidos de introducir un código incorrecto.

Antes de elixir unha pechadura intelixente, asegúrate de investigar e ler opinións sobre diferentes marcas e modelos. Considera as túas necesidades específicas e as características desexadas, como a compatibilidade co teu sistema operativo móbil, a forma de alimentación (baterías ou conexión eléctrica) e a resistencia a posibles ataques.

Se queres saber máis sobre pechaduras intelixentes e como combinalas con outros elementos de seguridade, pincha aquí.

 

  1. Reforza as ventás:

Xunto coas portas, as ventás ou xanelas son os puntos de entrada máis comúns para os intrusos, especialmente no caso de vivendas unifamiliares. Pero, tamén para as ventás hai pechaduras e dispositivos que aumentan a seguridade.

Podes optar por pechaduras de ventá que se acoplan á parte interior e proporcionan unha capa extra de protección. Estas pechaduras, xeralmente de tipo bloqueo ou deslizante, dificultan a apertura da ventá dende o exterior.

Podes instalar pestillos de seguridade que permiten abrir a ventá só ata un certo punto, proporcionando ventilación, pero mantendo a seguridade. Tamén hai dispositivos de bloqueo que se instalan nas guías da xanela para evitar que sexan abertas dende fóra.

Se buscas unha seguridade adicional, as reixas de seguridade son unha opción efectiva para protexer as ventás. Estas reixas, fabricadas con materiais robustos como o ferro forxado ou o aluminio resistente, impiden que os intrusos poidan acceder á túa vivenda a través das ventás. É importante asegurarse de que as reixas cumpran coas normativas e códigos legais, para garantir a seguridade e tamén cumprir cos requisitos de evacuación de emerxencia.

Considera a instalación de vidro reforzado ou incluso blindado nas ventás máis vulnerables, como as que se atopan ao nivel do chan ou as situadas en zonas illadas. Este tipo de vidro está deseñado para ser máis resistente á rotura e require moito máis esforzo para conseguir fracturalo. O vidro reforzado pode ser unha excelente barreira de seguridade para previr a intrusión a través das ventás.

 

  1. Ilumina axeitadamente o teu fogar:

Unha boa iluminación exterior é un elemento disuasorio eficaz contra os intrusos. Instala luces exteriores nas entradas, xardíns e outros puntos vulnerables para iluminar a área durante a noite. A iluminación brillante fai que a túa casa sexa menos atractiva para os delincuentes, xa que se sentirán máis expostos.

Ademais, considera a instalación de luces con sensor de movemento. Estas luces acéndense automaticamente cando detectan presencia ou movemento, o que pode asustar aos intrusos e alertar aos veciños.

Seguridade no fogar, exterior iluminado

  1. Non deixes rastros físicos da túa ausencia:

Cando esteas fóra de casa durante períodos prolongados, é importante que non deixes rastros da túa ausencia. Pide a alguén de confianza que recolla o correo postal regularmente ou manteña o xardín máis ou menos arranxado. Unha caixa de correo chea ou un xardín descoidado poden dar a impresión de que a casa está baleira e poden atraer a atención de posibles ladróns.

Tamén podes programar luces e aparellos electrónicos para que acendan e apaguen automaticamente, dando a impresión de que hai alguén na casa. Os programadores son aparellos económicos e doados de utilizar. Con eles, podes programar electrodomésticos e luces para que acendan e apaguen en distintos horarios e en distintos días, de forma que dé a impresión de que a casa está habitada. As propiedades baleiras son as primeiras en atraer a atención dos ladróns.

 

  1. Non deixes tampouco rastros dixitais:

É importante ser cauteloso coa información que se comparte en liña e nas redes sociais. Non publiques detalles sobre o teu enderezo, rutinas diarias ou plans de viaxe.

Os perfís abertos en redes sociais son especialmente atractivos para os delincuentes. Se estás de vacacións e queres compartilo cos teus contactos, considera a posibilidade de facelo cando xa esteas de volta e deixando claro que a ausencia xa rematou e estás de novo na casa. Doutra forma, podes estar convidando aos ladróns a que pasen polo teu fogar.

É importante ser consciente de quen pode ter acceso á túa información e asegurarte de que só compartes datos persoais coas persoas de confianza. Axustar a configuración de privacidade nas redes sociais é esencial para protexer a túa seguridade e a do teu fogar.

Ademais, evita proporcionar información persoal ou detallada sobre a túa casa e os seus habitantes a persoas descoñecidas ou en sitios públicos onde sexa doado escoitalo. Os delincuentes poden aproveitar esta información para planificar roubos cando saiban que non estás na casa. Manter a privacidade sempre é máis seguro.

 

  1. Instala unha alarma sonora:

Considera a posibilidade de instalar unha sirena, emite sons estridentes ou alertas audibles para avisar de intrusos, situacións de emerxencia ou posibles ameazas. As sirenas poden detectar e saltar por mor dunha intrusión, pola detección de fume ou aumento de temperatura ou pola detección de gases tóxicos, como monóxido de carbono.

A simple presenza dunha alarma sonora pode disuadir a potenciais intrusos. Os ladróns buscan obxectivos fáciles e rápidos, polo que unha alarma sonora pode facer que opten por buscar outro obxectivo menos protexido. O son estridente e chocante dunha alarma pode sorprender e asustar aos intrusos, facendo que desistan de entrar na túa vivenda.

Unha alerta sonora forte e clara pode alcanzar aos veciños e ás persoas ao redor. Esta alerta permite que, tanto ti como as persoas do teu contorno, saiban inmediatamente que hai unha situación de emerxencia ou que a túa vivenda está sendo invadida.

 

  1. Mantén os elementos comúns de seguridade en bo estado:

O telefonillo ou videoporteiro xoga un papel fundamental na seguridade do teu fogar. É a ferramenta que permite a comunicación e identificación dos visitantes antes de concederlles acceso ao edificio ou á túa vivenda.

Verifica o seu estado regularmente: realiza inspeccións periódicas do porteiro electrónico para asegurarte de que está en bo estado de funcionamento. Comproba se os botóns de chamada e as unidades do interfono funcionan correctamente e se o son e a imaxe (en caso de que a haxa) teñen a calidade necesaria. No caso de detectar algún problema, asegúrate de realizar as reparacións ou mantemento necesarios o antes posible.

A seguridade dun edificio depende do uso adecuado do interfono por parte de todos os residentes. Informa aos veciños sobre a importancia de identificar aos visitantes antes de permitirlles o acceso ao edificio. Lembra que nunca se debe permitir a entrada a persoas descoñecidas sen identificalas primeiro, aínda que afirmen estar a realizar traballos de mantemento ou entregas. Promove unha cultura de seguridade e colaboración entre os residentes para asegurar que o porteiro electrónico se utiliza de forma responsable.

 

  1. Instala unha caixa forte:

Unha caixa forte é unha medida adicional de seguridade para protexer obxectos valiosos e documentos importantes. Elixe unha caixa forte resistente e instálaa nun lugar discreto e seguro na túa casa. Utilízaa para almacenar obxectos de valor, como xoias, documentos de identidade, diñeiro en efectivo ou outros elementos preciosos. Asegúrate de que a caixa forte estea ancorada ao chan ou á parede para dificultar o roubo.

Hai caixas fortes de todos so tamaños e para todos os petos, pode ser unha medida de seguridade moi económica e práctica para protexer as túas pertenzas.

Se queres saber máis sobre caixas fortes, pincha aquí.

 

  1. Usa cámaras de seguridade:

As cámaras de seguridade son unha ferramenta moi efectiva para protexer o teu fogar e proporcionar unha maior tranquilidade. A instalación de cámaras de seguridade pode axudar a previr a intrusión e a proporcionar evidencia en caso de ocorrer algún incidente.

A simple presenza visible de cámaras de seguridade pode actuar como unha forte medida disuasoria para os intrusos e son útiles para vixiar tanto o interior coma as zonas exteriores do teu fogar, como xardíns, entradas ou garaxes.

Os delincuentes son menos propensos a cometer roubos cando saben que están sendo observados, polo que ver as nosas cámaras pode facer que desistan de intentar entrar na nosa casa. Asegúrate de que estean colocadas en lugares estratéxicos.

Unha das grandes vantaxes das cámaras de seguridade modernas é que permiten a monitorización en tempo real: podes conectarte ás cámaras interiores e exteriores a través do teu teléfono móbil ou dispositivo dixital e vixiar o teu fogar dende calquera lugar. Isto é especialmente útil cando estás fóra da casa por períodos prolongados ou se tes que viaxar con frecuencia. Podes verificar de forma regular se todo está en orde e detectar calquera actividade sospeitosa ou intrusión inmediatamente.

Esta monitorización tamén pode ser moi útil en caso de que na casa haxa mascotas ou persoas que poden necesitar atención, como menores ou maiores, xa que nos permitirá velas cando o desexemos e incluso interactuar con elas a través de cámaras con funcións de audio bidireccional.

Esta funcionalidade de audio permite tamén que poidas falar cos visitantes a través do sistema de cámaras e decidir se lles concedes ou non o acceso á túa vivenda, realizando así funcións de control de acceso.

Ao elixir cámaras de seguridade, asegúrate de optar por modelos de calidade que se axusten ás túas necesidades específicas. Considera a resolución das cámaras, a súa capacidade de almacenamento de imaxes, a súa resistencia ás condicións climáticas e a súa integración co resto dos elementos de seguridade e os teus dispositivos móbiles.

Lembra manter as cámaras actualizadas e protexidas con contrasinais seguros para evitar accesos non autorizados. Lembra tamén revisar regularmente o funcionamiento das cámaras e realizar un mantemento axeitado, como limpar as lentes e asegurarte de que estén funcionando correctamente.

 

Ademais de poñer en práctica estes 10 consellos e trucos para aumentar a seguridade do teu fogar, establecer unha boa relación coa túa comunidade ou veciñanza e comunicarse sobre calquera actividade sospeitosa pode axudar a previr roubos e manter unha atmosfera segura. Así como, aumentar a iluminación das zonas comúns ou reforzar as pechaduras de portas e ventás de portais ou áreas compartidas, xa que aumentará a nosa resistencia a posibles intrusións.

Tamén pode resultar útil considerar a creación dun grupo de chat en liña para unha comunicación rápida e eficiente en caso de necesidade.

Se desexas unha protección adicional para o teu fogar, considera contratar os servizos dunha empresa de seguridade privada.

Se a túa alarma está conectada a unha Central Receptora de Alarmas (CRA) profesional, en caso de necesidade, podemos enviar axuda inmediata á túa vivenda, como a policía ou os servizos de emerxencia, para atender a situación as 24 horas do día. Ter un sistema profesional pode proporcionar unha resposta rápida e eficaz ante unha situación de emerxencia.

Os sistemas de alarma modernos poden ser personalizados na súa totalidade para darche exactamente a protección que necesitas, nin máis, nin menos, adaptándose ás túas necesidades específicas de seguridade.

Tes a posibilidade de configurar os elementos para que se axusten ás características do teu fogar: cantos sensores de portas ou ventás, cantas cámaras e de que tipo, a súa ubicación, notificacións en tempo real a través do teu teléfono móbil ou correo electrónico, integración domótica, armar e desarmar o sistema de forma remota, ver e revisar as imaxes das cámaras, activar ou desactivar por zonas, etc.

As necesidades de seguridade poden variar de fogar en fogar, polo que a posibilidade de adaptar e personalizar o sistema de alarma é unha vantaxe importante.

Se queres consultarnos sen ningún compromiso, ponte en contacto con nós; estaremos encantados de axudarte.

Seguridad en el hogar, niña conectando alarma

Se che resultou interesante este contido, poida que che interese:

Graos de seguridade nas alarmas privadas en España. Guía completa con todo o que necesitas saber.

Como usar un extintor en 5 pasos.

Que é unha habitación do pánico e para que se utiliza?