Unha habitación do pánico, tamén coñecida como habitación segura ou espazo seguro, é un sitio blindado dentro dunha casa ou local de empresa no que unha persoa pode refuxiarse en caso de emerxencia; un lugar seguro fronte a unha ameaza externa, como un intruso, mal tempo extremo ou desastres naturais, como un terremoto.
∇ Estas habitacións están deseñadas para proporcionar seguridade e protección e é recomendable que estean equipadas con subministracións de emerxencia como auga, comida e medicamentos. Adoitan estar conectadas co sistema de seguridade da casa ou negocio permitindo facer saltar a alarma de emerxencia ou intrusión e ver, grazas á videovixilancia, o que acontece no exterior.
∇ É imprescindible que teñan unha vía de comunicación co exterior para poder advertir da nosa situación e solicitar axuda se é necesario, sexa mediante un sistema de alarma conectado a un centro de seguridade, sexa mediante unha liña telefónica independente.
Aínda que a idea dunha habitación do pánico é simple, a realidade é bastante máis complexa. Hai moitos factores para considerar cando se deseña e constrúe unha sala antipánico, dende o tipo de materiais utilizados ata a localización da sala dentro da edificación. Por iso é conveniente deixarse asesorar por expertos profesionais de seguridade, xa que debe adaptarse ás necesidades da vivenda ou negocio e as persoas que a van a utilizar e evitar sobrecustos innecesarios.
Como se pode converter unha habitación nunha habitación do pánico?
Calquera habitación ou espazo pode converterse nunha habitación segura, polo que podemos optar por distintas opcións:
- Converter unha sala ou estancia completa que teñamos nun espazo blindado.
- Construír unha habitación do pánico máis pequena que a estancia e ocultala.
- Instalar un espazo blindado prefabricado.
Existen algúns aspectos básicos que se deben ter en conta para converter un espazo nunha habitación do pánico.
En primeiro lugar, é importante asegurarse de que a habitación estea de seu o suficientemente segura, o que significa que debe estar situada nun lugar que non estea exposto a perigos externos, como unha intrusión fácil ou aos desastres naturais.
É altamente recomendable que estea situada nun lugar oculto ou semioculto da casa ou negocio para que só as persoas interesadas saiban onde está e evitar que os asaltantes poidan atopala. Así, é habitual que estes espazos se atopen disimulados tras elementos da edificación ou decoración. Con todo, o acceso debe poder realizarse de forma rápida e doada e todas as persoas usuarias deben saber onde está, como abrila e como pechala correctamente.
En segundo lugar, é moi importante asegurarse de que a habitación teña unha liña directa e independente de comunicación co exterior para poder avisar aos servizos de emerxencia, policía ou sanitarios; desta forma estaremos protexidos fronte a posibles sabotaxes. Se a habitación do pánico está conectada cunha empresa especializada en solucións de seguridade, esta recibirá o aviso de forma inmediata.
Finalmente, é conveniente equipar a habitación con subministracións de emerxencia, como auga, comida non perecedoira e medicamentos, ou calquera elemento específico que creamos que podemos requirir en caso de necesidade.
Que elementos debe ter unha habitación do pánico?
As habitacións antipánico ou habitacións blindadas son espazos personalizados para o lugar e as persoas que as van a utilizar, pero hai elementos imprescindibles que todas deben ter:
- Paredes reforzadas con estruturas metálicas e/ou formigón.
- Porta acoirazada.
- Liña de teléfono independente para o contacto co exterior.
- Circuíto pechado dun sistema de cámaras de videovixilancia.
- Xanelas con cristais e persianas blindadas (no caso de que as haxa).
O máis importante é que che protexan a ti e aos teus de posibles agresións, enfrontamentos ou desastres inesperados.
Por suposto, ademais, podes engadir outros elementos para facer o espazo máis práctico e seguro ou máis confortable, como paredes e portas insonorizadas, máscaras antigás, panel de control, botón do pánico, inodoro…
Vantaxes e custo de instalar unha habitación do pánico en negocios e fogares.
Os espazos blindados supoñen un elemento de protección e seguridade no fogar e na empresa, para os obxectos e, sobre todo, para as persoas.
Ademais de tranquilidade, algunhas das vantaxes que nos achegan son:
- Serven como caixa forte (moito máis grande do habitual) onde podemos ter baixo resgardo os obxectos de valor, dende xoias a servidores de empresa con datos esenciais.
- Permiten avisar ás autoridades ante unha intrusión, emerxencia ou perigo, minimizando o risco de sabotaxe das comunicacións.
- Protexen fronte a desastres naturais, como inundacións, furacáns, terremotos, tormentas extremas, etc.
As habitacións antipánico son ademais útiles para aquelas persoas que sofren trastornos de ansiedade, ataques de pánico ou agorafobia, xa que lles proporcionan un lugar seguro no que poden refuxiarse no caso de que sintan que están a piques de sufrir un ataque. Tamén poden ser útiles para aquelas persoas que viven en zonas con altos índices de violencia ou en lugares onde hai maior probabilidade de desastres naturais.
Unha crenza bastante extendida é que as habitacións do pánico só son accesibles para persoas de alto nivel adquisitivo, sen embargo, non é así; lembra que, como xa dixemos, case calquera habitación ou espazo da túa casa ou oficina pode ser convertida nunha habitación do pánico.
Non existe un prezo preestablecido para os espazos blindados, requiren unha alta personalización, polo que necesitarás un orzamento a medida. Asegúrache de que o proxecto para a túa habitación antipánico inclúa os elementos que realmente necesitas, nin máis nin menos, e que se adaptan ao teu espazo e as túas necesidades.
As habitacións do pánico son cada vez máis demandadas grazas á seguridade que proporcionan. En calquera caso, ten por seguro que se trata dun investimento, pois é unha das solucións máis efectivas contra os asaltos con violencia.
Se che interesa equipar a túa propiedade cunha habitación do pánico, consulta cun profesional experto en seguridade, non cha xogues.
Practiquemos a prevención de riscos, a seguridade intelixente.