Sistema de control de temperatura para salas de servidores, cámaras frigoríficas e almacéns frigoríficos: como optimizar a eficiencia e a seguridade

6 Abril, 2021

O control e a estabilidade de temperatura son fundamentais para garantir actividades tan diversas como o funcionamento da tecnoloxía ou a saúde dos produtos que consumimos.

A “cadea de frío” é imprescindible en todas as fases da loxística alimentaria: procesamento, transporte, almacenamento, cocinado…

Pero, tamén o é para diversos equipos e procesos médicos, procesos industriais ou servidores de datos.

Neste artigo, exploraremos a importancia de implementar un sistema de control de temperatura efectivo, os seus beneficios e como funciona.


Que é un sistema de control de temperatura?

Un sistema de control utilízase para poder monitorizar e/ou corrixir o estado térmico de procesos nos cales a temperatura sexa un factor primordial para garantir a calidade.

O control de temperatura é unha parte fundamental da tecnoloxía en numerosas aplicaciós, cada vez máis.

Ademais, é importante considerar as responsabilidades relacionadas co rexistro de temperatura e a calibración dos equipos de medición que debamos cumprir dacordo coas normativas do noso sector.

 

Por que é importante o control de temperatura?

En primeiro lugar, é esencial comprender por que o control de temperatura é vital en entornos como salas de servidores, cámaras frigoríficas e almacéns frigoríficos.

Os equipos informáticos que se atopan nun Data Center ou sala de servidores producen moita calor, de aí que os ordenadores e outros dispositivos electrónicos estean equipados con sistemas de enfriamento, como ventiladores ou disipadores de calor, que axudan a regular a temperatura.

Sen embargo, nun centro cunha alta concentración de equipos, como un Data Center, isto non é dabondo. Según diversos expertos, o intervalo de temperatura permitido para unha sala de servidores oscila entre os 15 °C e os 27 °C. E o intervalo óptimo está entre 21 °C e 23 °C. En canto á humidade relativa, permítese un intervalo do 20% ao 80%.

Os servidores están funcionando permanentemente e os datos almacenados neles crecen de forma constante, o que incrementa as operacións realizadas polos equipos, e isto fai aumentar a súa temperatura.

Se a temperatura sobrepasa un umbral determinado, a calor pode provocar a inactividade dos equipos ou danar os compoñentes internos, o que podería desembocar en perda de información valiosa.

Se a temperatura é demasiado baixa, o que pode ser demasiado alta é a factura pola refrixeración. Unha refrixeración ineficiente pode facer que o custe se multiplique e sexa o dobre do que custan os propios servidores (máis info aquí). Ademais de producir un grave prexuizo ao medio ambiente; unha temperatura óptima e correctamente mantida minimiza o impacto ambiental xerado e constitúe un comportamento medioambientalmente sostible.

Polo tanto, o obxectivo é manter a instalación á temperatura máis alta posible que garanta o bo funcionamento dos servidores e a protección dos datos almacenados.

 

E, en cuánto a alimentación?

Como xa temos sinalado, o control de temperatura é imprescindible en todas as fases da manipulación de alimentos para garantir a seguridade alimentaria. Un control de temperatura axeitado vólvese imprescindible para preservar a frescura dos alimentos, previr a proliferación de bacterias patóxenas e garantir a máxima calidade en cada paso do proceso.

Calquer fluctuación na temperatura pode acelerar a degradación dos produtos, causar un problema de saúde u xerar pérdidas económicas.

A temperatura axeitada, ademais, débese manter tanto nos frigoríficos ou cámaras de conxelación da fábrica, coma no transporte e no comercio maiorista ou minorista.

É importante ter en conta que existen diferentes normativas para o control de temperatura segundo o negocio relacionado coa alimentación de que se trate. O que é común en todos é a necesidade de contar cun rexistro diario de temperatura que quede documentado e a disposición das autoridades sanitarias.

 

En todos estes casos, o control de temperatura lógrase mediante o uso de sensores de temperatura, alarmas de aviso sobre umbrales e fluctuacións ou mal funcionamento, sistemas de regulación (como termostatos) e dispositivos de enfriamento ou calentamento, según sexa necesario. A tecnoloxía de control automatizado, como os controladores de temperatura e os sistemas de control de retroalimentación, utilízase ampliamente para manter a temperatura desexada de maneira precisa e eficiente.

 

En SEGURIDADE A1 contamos ca última tecnoloxía en SISTEMAS DE CONTROL DE TEMPERATURA.

Unha solución deseñada especialmente para Cámaras frigoríficas, Neveras de conxelación, Almacéns frigoríficos ou Salas de servidores e Sistemas informáticos.

Pero, como funciona a nosa SOLUCIÓN DE CONTROL DE TEMPERATURA?

Esta tecnoloxía consiste na medición da temperatura mediante sondas que traballan con rangos de temperaturas extremas, que van dende os -20ºC ata os -50ºC. Deste xeito logramos protexer os produtos sensibles a cambios de temperatura, tanto en zonas frigoríficas como en ámbitos exteriores.

Coñecendo o rango de temperaturas aceptable para a boa conservación dos produtos, configuraremos o sistema cunhas temperaturas Mínima e Máxima permitidas, de xeito que, se a temperatura non está dentro dese rango o sistema enviará unha ALARMA.

O sistema dispón de Plataforma Web e App, dende as cales teremos acceso en tempo real a informes de temperatura. Tamén poderemos rexistrar e almacenar no histórico ditas temperaturas e os eventos xerados polas alarmas.

VANTAXES DA SOLUCIÓN: 

  • Instalación fácil e posta en marcha en menos de 8 minutos.
  • Non require cableado.
  • Alta precisión (+/-1ºC) e fiabilidade de sensores e sondas de temperatura.
  • Avisos de alarma inmediatos na App.
  • Rangos de temperatura de funcionamento: -20ºC a 50ºC.

Un sistema de control de temperatura eficiente é fundamental para facer fronte a calquera continxencia e garantir unha contorna óptimo en términos de rendimento, eficiencia enerxética e seguridade.

 

Beneficios dun Sistema de Control de Temperatura Avanzado:

  1. Preservación da integridade dos equipos e produtos: un sistema de control de temperatura avanzado garante que a temperatura se manteña dentro dos rangos predefinidos en todo momento.
  2. Eficiencia enerxética: un sistema de control de temperatura intelixente axuda a optimizar o consumo de enerxía ao permitir axustar a refrixeración segundo as necesidades específicas. Isto limita o desperdicio de enerxía, o que permite reducir os custos operativos e minimizar o impacto ambiental.
  3. Alertas e monitorización en tempo real: os sistemas de control de temperatura avanzados están equipados con sensores e dispositivos de monitoreo que brindan alertas en tempo real ante calquera desviación dos rangos de temperatura establecidos. Isto permite unha intervención rápida e eficiente para solucionar calquera problema.
  4. Cumprimento normativo: un sistema de control de temperatura eficiente axuda a garantir o cumprimento das normativas, evitando sancións legais e danos á reputación da empresa.
  5. Integración con outros sistemas: os sistemas de control de temperatura pódense integrar con outros sistemas de xestión e monitorización, como sistemas de automatización de edificios ou sistemas de xestión da cadea de suministro. Isto permite unha supervisión e un control centralizados, facilitando a toma de decisións informadas e a optimización dos procesos.

Non importa se se trata de protexer datos críticos ou preservar produtos valiosos, investir nun sistema de control de temperatura confiable e de vanguarda brindará beneficios a longo prazo en términos económicos, de eficiencia operativa e tranquilidade.

Se queres consultarnos sin ningún compromiso, ponte en contacto con nós; estaremos encantados de axudarte.

Se che resultou interesante este contido, poida que che interese:

10 consellos sobre como aumentar a seguridade no teu fogar.

Graos de seguridade nas alarmas privadas en España. Guía completa con todo o que necesitas saber.

Como usar un extintor en 5 pasos.