¿Como converter as visitas á túa tenda en clientes satisfeitos?

13 Decembro, 2019

Probablemente xa teñas instalado no teu negocio un sistema de videovixilancia. E, probablemente, o teu obxectivo é manter a seguridade do teu local. A boa noticia é que grazas á aplicación da intelixencia artificial aos sistemas tradicionais de seguridade as cámaras poden aportar algo máis que protección.

A empresa alemá Bosch foi unha das primeiras en entender o importante que é a información sobre o público que entra na túa tenda, canto tempo pasa alí ou cales son os seus produtos favoritos.

In Store Analytics é unha solución de Bosch que aplica a analítica de vídeo aos datos capturados polas cámaras. Isto permite rexistrar o número de persoas que acceden ao teu local, proporcionar unha alarma cando se xeren colas cerca da caixa, indicar cales son as zonas máis visitadas polos clientes ou establecer as rutas favoritas polos consumidores dentro do teu negocio.

Ademais de mellorar a protección do local cunha detección de intrusión moito máis precisa que os sistemas convencionais, In Store permite identificar patróns nas actividades dos clientes para optimizar o deseño, ofrecer un mellor servizo e proporcionar unha excelente experiencia de usuario. A seguridade tamén está garantida, porque a solución de Bosch notifica calquera tipo de bloqueo nas saídas de emerxencia.

A eficacia desta solución basease na calidade das cámaras que emprega. As imaxes que captan son de máxima calidade e detalle, o seu rendemento non diminúe con pouca luz e a instalación, se a realizan técnicos especializados, é rápida e sinxela.

¿Segues preguntándote como converter as visitas en vendas? Nós dámosche as claves, In-Store ten tódalas respostas.