No mundo da seguridade privada, cada detalle conta. Entender os diferentes niveis de protección que existen é clave para deseñar unha estratexia eficaz CAPAZ DE salvagardAR persoas, bens e información.
En SEGURIDADE A1, sabemos que non existe unha solución única: a protección máis robusta é a que combina varias capas.
Neste artigo imos explicarche as dúas máis importantes —a seguridade activa e a seguridade pasiva— e por que a súa combinación é imprescindible se queres unha protección real, intelixente e completa.
Que é a seguridade activa? O escudo visible que prevén o dano
Chamamos seguridade activa ao conxunto de medidas que teñen como obxectivo previr ou dificultar a intrusión, o roubo ou calquera tipo de incidente antes de que ocorra. Son elementos visibles ou disuasorios que reforzan a resistencia do lugar fronte a ameazas potenciais, xa sexa unha intrusión, xa sexa un incidente como un lume ou unha inundación.
Aquí estarían incluídos, pois, tanto os elementos disuasorios, como os que impiden ou atrasan un asalto ou accidente.
Algúns exemplos comúns son:
- Placas disuasorias (avisos de conexión cunha empresa de seguridade).
- Pechaduras intelixentes ou avanzadas, con cifrado, autenticación en dúas etapas e control remoto dende smartphone ou tablet.
- Vidros blindados que impiden ou atrasan o acceso por fiestras ou escaparates.
- Iluminación exterior estratéxica, unha das formas máis sinxelas pero eficaces de disuadir a intrusos.

Así, por exemplo, instalar unha pechadura intelixente ou avanzada é unha medida de seguridade activa, dado que vai aumentar significativamente a protección do inmoble ao ser moito máis difícil de vulnerar. Como xa comentamos noutro artigo, estas pechaduras utilizan cifrado avanzado e autenticación en dúas etapas para permitir o acceso sen necesidade de chaves físicas tradicionais, protexendo as comunicacións e os datos para comunicarse con dispositivos móbiles, como smartphones ou tablets; así, permiten o control remoto e a xestión dos accesos.
Do mesmo xeito, os vidros blindados aumentan activamente o nivel de seguridade e poden ser unha excelente barreira de seguridade para previr a intrusión a través de ventás ou escaparates. Como tamén é unha excelente medida de seguridade activa unha boa iluminación exterior, xa que é un elemento disuasorio moi eficaz contra os intrusos.
Outros elementos de seguridade activa que podes incorporar:
- Portas blindadas ou acoirazadas.
- Control de accesos.
- Caixas fortes ignífugas.
- Habitáculos seguros ou habitacións do pánico.
- Cámaras de videovixilancia visibles.
- Detectores de presenza ou movemento (con ou sen cámara).
- Reixas, valos, barreiras físicas.
- Contrasinais seguros, claves de erro ou coacción.
- Sensores de fume e temperatura.
- Sistemas anti-inhibidores de frecuencia.
Todos estes elementos teñen un papel claro: anticiparse ao risco e dificultar a acción da persoa intrusa, converténdose no primeiro muro de contención fronte ao delito.
Que é a seguridade pasiva? A resposta que minimiza o dano
Mentres a seguridade activa busca evitar que pase algo, a seguridade pasiva actúa cando o incidente xa se produciu ou está en marcha, minimizando os danos e acelerando a resposta.
As ferramentas que pertencen a esta categoría permiten documentar, alertar e reaccionar de forma inmediata:
- Cámaras ocultas.
- Sistemas de gravación de imaxes.
- Cámaras de visión nocturna.
- Canóns de néboa (que obstruen a visión do intruso).
- Sirenas sonoras de alarma.
- Sensores sísmicos.
- Sistemas de videoverificación 24/7.
- Enlace directo coas Forzas e Corpos de Seguridade (Policía, Garda Civil).
Tamén se consideran parte da seguridade pasiva:
- Plans de autoprotección contra incendios.
- Sinalización de emerxencia.
- Sistemas de extinción: aspersores, extintores, bocas de incendio (BIEs).
- Sensores de inundación e temperatura.
Os sensores de inundación e temperatura, conectados ou non a unha central, contribuirán a minimizar as consecuencias negativas dun eventual problema no noso negocio ou fogar. As gravacións de cámaras de seguridade, a súa vez, non só permiten identificar ás persoas responsables dun delito, senón que tamén achegan probas válidas para denuncias ou reclamacións a aseguradoras.
Un sistema conectado á unha Central Receptora de Alarmas, é seguridade activa ou pasiva?
A resposta é: ambas cousas.
Un sistema de alarma profesional, conectado 24/7 cunha Central Receptora de Alarmas (CRA), é o exemplo perfecto de como combinar seguridade activa e pasiva nun mesmo ecosistema.
Elementos activos deste tipo de sistemas:
- Placas disuasorias visibles.
- Detectores de movemento.
- Cámaras visibles.
- Sistemas de CCTV (circuito pechado de televisión).
- Avisadores acústicos de entrada/saída.
- Teclado con clave e/ou chaves electrónicas.
- Inhibidores de frecuencia.
- Barreiras e controis de acceso.
Elementos pasivos do mesmo sistema:
- Sirenas de alerta sonora.
- Verificación de saltos de alarma.
- Aviso inmediato á Policía ou Garda Civil.
- Notificacións ás persoas propietarias.
- Botón de pánico.
- Sensores de fume e temperatura.
- Sistema de alimentación ininterrompida (SAI).
Incluso os detectores e cámaras, por si sós, teñen funcións tanto activas como pasivas: disuaden antes e achegan probas despois.
a sinerxía perfecta: protección 360º
Combinar seguridade activa e pasiva non é unha opción, é a única forma de conseguir unha protección real, adaptada aos riscos actuais.
- Seguridade activa = minimizar o risco.
- Seguridade pasiva = minimizar o dano.
Por exemplo: unha pechadura anti-bumping (activa) evita o acceso. Pero se o ladrón logra entrar, un canón de néboa (pasivo) lle impide actuar con normalidade.
Asesoramento profesional: a chave dunha estratexia eficaz
En España, as empresas de seguridade privada desempeñan un papel esencial á hora de definir, instalar e manter solucións adaptadas a cada espazo. Non todos os fogares ou negocios necesitan o mesmo nivel de protección, por iso é clave contar con expertos que coñezan os riscos reais e poidan deseñar un sistema a medida.
En SEGURIDADE A1, traballamos cada día para crear contornos seguros combinando tecnoloxía, experiencia e compromiso humano.
Conclusión: a protección máis eficaz é a que se anticipa e responde
Se queres blindar o teu fogar, local comercial ou empresa, lembra: a clave está na combinación. Seguridade activa e seguridade pasiva son aliadas, non alternativas.
📞📧 Contacta connosco sen compromiso; estaremos encantados de atenderte.
🔐 En SEGURIDADE A1 axudámosche a deseñar unha protección a medida, para que poidas vivir e traballar con total tranquilidade.
Lembra que somos especialistas en seguridade, que o noso Centro Receptor de Alarmas 24 horas se atopa situado en Santiago de Compostela e temos sedes en Madrid e Alacante, pero provemos de sistemas e servizos de seguridade en toda Galicia, toda España e parte do estranxeiro.
Seguridade integral en Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco (Euskadi), Navarra, A Rioxa, Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía, Estremadura, Madrid, Castela A Mancha e Castela León.
Se che resultou interesante este contido, pode ser que che interese:
Como se usa un extintor? 5 sinxelos pasos
Como blindar un concello fronte á delincuencia? Solucións reais de seguridade cidadá
Como protexer o fogar? 10 consellos prácticos de seguridade para casa que realmente funcionan
Como funciona un sistema de control de temperatura para servidores de datos e cadea de frío?
