por que é clave para cámaras, almacéns e servidores? descubre que é, como funciona e para que serve unha solución de supervisión térmica
O control de temperatura evita fallos en servidores, preserva alimentos e aforra enerxía. Coñece como optimizar a eficiencia do teu negocio grazas a un sistema automatizado.
O control e a estabilidade da temperatura son fundamentais para garantir actividades tan diversas como o funcionamento da tecnoloxía ou a salubridade dos produtos que consumimos. A redución de custos e a garantía de calidade son dúas das principais razóns polas que instalar un sistema de control e corrección de temperatura é un investimento de alto valor.
Manter a temperatura baixo control é moito máis que unha cuestión técnica: é un requisito esencial para a continuidade dos procesos críticos, a seguridade alimentaria e a protección de equipos e datos.
A chamada “cadea de frío” é imprescindible en todas as fases da loxística alimentaria: procesado, transporte, almacenamento, cociñado… Garante a salubridade dos alimentos desde a produción ata o consumo, pero tamén existen outros ámbitos onde a temperatura é decisiva: procesos médicos, laboratorios, procesos industriais ou centros de datos.
Neste artigo explicamos que é un sistema de control de temperatura, por que resulta clave en diferentes sectores e como unha solución avanzada pode mellorar tanto a eficiencia como a seguridade.
Que é un sistema de control de temperatura?
Trátase dun conxunto de tecnoloxías que permite medir, monitorizar e regular a temperatura en procesos sensibles. Úsase para poder supervisar e/ou corrixir o estado térmico en procesos nos cales a temperatura é un factor primordial para garantir a calidade. O obxectivo é manter as condicións óptimas para que equipos e produtos non sufran danos nin perdas de calidade.
Un sistema de este tipo debe cumplir, además, con los requisitos normativos de cada sector: desde el registro y conservación de datos hasta la calibración periódica de los sensores, asegurando así trazabilidad y cumplimiento legal. Un sistema deste tipo debe cumprir, ademais, cos requisitos normativos de cada sector: dende o rexistro e conservación de datos ata a calibración periódica dos sensores, asegurando así a trazabilidade e o cumprimento legal.
Por que é tan importante?
CENTROS DE DATOS e SALAS DE SERVIDORES
Os equipos informáticos xeran unha gran cantidade de calor, por iso os ordenadores e outros dispositivos electrónicos están equipados con sistemas de refrixeración, como ventiladores ou disipadores de calor, que axudan a regular a temperatura. Nun Data Center ou sala de servidores, onde se concentran centos ou miles de equipos, o risco multiplícase.
Segundo as recomendacións de ASHRAE, entidade de referencia para establecer as temperaturas máis axeitadas dos data center, e segundo as súas directrices térmicas máis recentes:
- O rango recomendable está entre 18 °C y 27 °C, cunha marxe aceptable entre 15 °C e 32 °C.
- A humidade relativa debe situarse entre o 20% e o 80%.
Os servidores están a funcionar permanentemente e os datos almacenados neles medran de maneira constante, o que incrementa as operacións realizadas polos equipos, e isto fai aumentar a súa temperatura.
Se a temperatura supera un limiar determinado, a calor pode provocar a inactividade dos equipos ou danar os compoñentes internos, o que podería derivar na perda de información valiosa. Un exceso de calor pode provocar fallos, perdas de información e danos irreparables.
Se a temperatura é demasiado baixa, o que pode ser demasiado alta é a factura da refrixeración, xa que unha refrixeración ineficiente pode facer que o custo se multiplique. Ademais de producir un grave prexuízo ao medio ambiente, unha temperatura óptima e correctamente mantida minimiza o impacto ambiental xerado e constitúe un comportamento ambientalmente sostible.
Arrededor do 50% da enerxía utilizada nun centro de datos destínase á refrixeración. Polo tanto, o obxectivo é manter a instalación á temperatura máis alta posible co mínimo consumo necesario que garanta o bo funcionamento dos servidores e a protección dos datos almacenados, e aquí é onde un sistema de control e supervisión se converte no mellor aliado. O reto é atopar o punto de equilibrio entre seguridade e eficiencia enerxética.
Cadea alimentaria
Na industria alimentaria, o control de temperatura é imprescindible en todas as fases da manipulación de alimentos para garantir a seguridade. Manter a temperatura correcta evita a proliferación de microorganismos e prolonga a vida útil dos produtos. Calquera fluctuación na temperatura pode acelerar a degradación dos produtos, polo que un control de temperatura axeitado se volve imprescindible para preservar a frescura dos alimentos, previr a proliferación de bacterias patóxenas e garantir a máxima calidade en cada paso do proceso.
É moi importante ter en conta que:
- As cámaras e almacéns frigoríficos deben manter un rexistro diario de temperaturas, dispoñible para inspección sanitaria.
- As fluctuacións supoñen perdas económicas e riscos para a saúde.
A estabilidade térmica é imprescindible tanto no transporte como no almacenamento, xa sexa en grandes cámaras industriais ou en frigoríficos de venda polo miúdo.
En todos estes casos, o control de temperatura lógrase mediante o uso de sensores de temperatura, alarmas de aviso sobre limiares e fluctuacións ou mal funcionamento, sistemas de regulación (como termostatos) e dispositivos de refrixeración ou calefacción, segundo sexa necesario. A tecnoloxía de control automatizado, como os controladores de temperatura e os sistemas de control de retroalimentación, utilízase amplamente para manter a temperatura desexada dun xeito preciso e eficiente.
Como funcionan os sistemas de control de TEMPERATURA
Esta tecnoloxía consiste na medición constante da temperatura mediante sondas que traballan con rangos de temperaturas extremas, que van dende os -20 ºC ata os 50 ºC. Deste xeito, logramos protexer os produtos sensibles a cambios de temperatura, tanto en zonas frigoríficas como en ámbitos exteriores.

Un sistema avanzado integra:
- Dispositivos de regulación (termostatos, sistemas de frío ou calor) que manteñen a temperatura dentro do rango desexeado.
- Sensores de alta precisión que miden en tempo real.
- Alarmas configurables que avisan de desviacións ou erros.
- Plataformas web e aplicacións móbiles para consultar datos, rexistrar históricos e recibir notificacións inmediatas.
Coñecendo o rango de temperaturas aceptable para a boa conservación dos produtos ou dos equipos a protexer, configuraremos o sistema cunhas temperaturas mínima e máxima permitidas, de maneira que, se a temperatura non está dentro dese rango, o sistema enviará unha ALARMA.

a solución de SEGURIDADE A1
En SEGURIDADE A1 desenvolvemos un sistema de control e supervisión de temperatura deseñado para cámaras frigoríficas, almacéns de conxelación, salas de servidores e instalacións críticas.
As súas principais características:
- Medición precisa en rangos de -20 ºC a 50 ºC.
- Configuración de límites mínimos e máximos con alertas automáticas.
- Plataforma web e App con informes en tempo real e rexistro histórico.
- Instalación rápida, sen cableado, lista en menos de 8 minutos.
- Sensores de alta fiabilidade (±1 ºC).
O sistema dispón de Plataforma Web e App, desde as cales teremos acceso en tempo real a informes de temperatura. Tamén poderemos rexistrar e almacenar no histórico esas temperaturas e os eventos xerados polas alarmas.

Beneficios clave
>> Protección de equipos e produtos: evita danos en servidores ou deterioro de alimentos.
>> Eficiencia enerxética: optimiza o uso de recursos, reducindo custes e impacto ambiental.
>> Monitorización en tempo real: permite reaccionar de inmediato ante calquera incidencia.
>> Cumprimento normativo: garante que a empresa cumpla as esixencias legais e evite sancións.
>> Integración cos sistemas de xestión: facilita unha visión global e a toma de decisións.
O noso sistema de control de temperatura pódese integrar con outros sistemas de xestión e monitorización, como sistemas de automatización de edificios ou sistemas de xestión da cadea de subministración. Isto permite unha supervisión e un control centralizados, facilitando a toma de decisións informadas e a optimización dos procesos.
En definitiva, contar cun sistema de control de temperatura fiable é unha necesidade estratéxica.
Xa sexa para protexer datos críticos nun servidor ou para preservar alimentos e produtos sensibles, a tecnoloxía de monitorización e regulación avanzada achega tranquilidade, aforro e sustentabilidade. Un investimento que se traduce en seguridade, eficiencia e confianza a longo prazo.
Se queres consultarnos sen ningún compromiso, ponte en contacto con nós; estaremos encantados de axudarte.
Lembra que somos especialistas en seguridade, que o noso Centro Receptor de Alarmas 24 horas se atopa situado en Santiago de Compostela e temos sedes en Madrid e Alacante, pero provemos de sistemas e servizos de seguridade en toda Galicia, toda España e parte do estranxeiro.
Seguridade integral en Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco (Euskadi), Navarra, A Rioxa, Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía, Estremadura, Madrid, Castela A Mancha e Castela León.
Se che resultou interesante este contido, pode ser que che interese:
Como se usa un extintor? 5 sinxelos pasos
Como blindar un concello fronte á delincuencia? Solucións reais de seguridade cidadá
Como protexer o fogar? 10 consellos prácticos de seguridade para casa que realmente funcionan
