Como blindar un concello fronte á delincuencia? Solucións reais de seguridade cidadá

concello seguro, unha nova forma de protexer os concellos

Protexer espazos públicos, infraestruturas e cidadáns implica moito máis ca reforzar a vixilancia: require estratexia, tecnoloxía avanzada e visión proactiva. Concello Seguro, a solución desenvolvida por SEGURIDADE A1, nace co obxectivo de dotar ás administracións locais dunha ferramenta avanzada para anticiparse aos delitos e protexer de forma proactiva á cidadanía.

Esquema funcionalidades del sistema Concello Seguro

Tradicionalmente, a Seguridade Privada centrouse na protección de persoas e bens materiais en contornas empresariais ou privadas. Pero, a nosa proposta vai un paso máis alá: trasladamos solucións testadas no ámbito privado ao eido público, ofrecendo unha ferramenta de alto valor para as persoas responsables municipais de seguridade. A continuación, contámosche que é e como funciona Concello Seguro.


Concello Seguro é un sistema pioneiro que combina tecnoloxía de visión artificial con explotación avanzada de datos para detectar ameazas en tempo real e reducir significativamente os actos delictivos en espazos públicos. Non se trata dunha medida disuasoria máis, senón dun enfoque estratéxico que transforma a seguridade municipal nun verdadeiro servizo de intelixencia preventiva e de resposta rápida.

Concellos de toda España enfróntanse a desafíos como control de tráfico, infraccións, roubos, vandalismo, actos incívicos ou condutas potencialmente perigosas en espazos públicos. A resposta non pode ser só reactiva. Por iso desenvolvemos unha solución que blinda os concellos fronte aos delitos, cun enfoque baseado na prevención intelixente.

Monitoreo en tempo real, detección de incidentes e xestión de respostas.

Concello Seguro permite o acceso á solución de seguridade dende calquera lugar e dispositivo, en calquera momento, cun portal web seguro e con control e supervisión completos.

A nosa solución integra:

Todo isto sen vulnerar os dereitos fundamentais, grazas a un deseño responsable e legalmente auditado.

Implementar esta solución supón moito máis que incorporar tecnoloxía: é un compromiso claro coa seguridade, o benestar e a calidade de vida da cidadanía.

Os resultados son medibles:

  • Menos incidentes delictivos.
  • Maior sensación de seguridade entre a poboación.
  • Unha total coordinación entre Policía Local e dispositivos tecnolóxicos.
  • Maior eficiencia operativa sen necesidade de incrementar persoal.

Pensado para concellarías de seguridade e Policía Local

Sabemos que cada concello ten as súas particularidades. Por iso ofrecemos unha solución personalizada, modular e escalable, que se adapta a pequenas vilas e a grandes cidades por igual. Traballamos man a man coas persoas responsables da seguridade municipal para definir obxectivos, identificar zonas críticas e deseñar o plan de implantación máis adecuado.

En SEGURIDADE A1 axudamos a concellos de toda España a implantar solucións de seguridade avanzadas, eficaces e sostibles coas ferramentas máis avanzadas.

Lembra que somos especialistas en seguridade, que o noso Centro Receptor de Alarmas 24 horas se atopa situado en Santiago de Compostela e temos sedes en Madrid e Alacante, pero provemos de sistemas e servizos de seguridade en toda Galicia, practicamente toda España e parte do estranxeiro.

Seguridade integral en Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco (Euskadi), Navarra, A Rioxa, Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía, Estremadura, Madrid, Castela A Mancha e Castela León.

Se che resultou interesante este contido, pode ser que che interese:

Teño que ter extintores no meu local? É obrigatoria a revisión? Todo o que necesitas saber.

10 consellos sobre como aumentar a seguridade no teu fogar.

Graos de seguridade nas alarmas privadas en España. Guía completa con todo o que necesitas saber.

Que pode facer a tecnoloxía polos nosos montes?

Se queres máis información sobre os nosos sistemas de alarmasolucións de seguridade ou solucións para prevención e extinción de incendios, ponte en contacto con nós sen ningún compromiso.

chamámoste gratis
Chamámoste
TES ALGUNHA DÚBIDA? ESTAMOS AQUÍ PARA AXUDARTE