Protección de hortas solares mediante visión artificial

29 Marzo, 2021

España posicionouse o ano pasado como líder no sector fotovoltaico a nivel europeo. Estímase que a enerxía solar concentrará a maior inversión a corto prazo no bienio 2020 e 2021. Para iso, a instalación de hortas solares contará cun peso estratéxico.

Por outra parte, unha horta solar pode supoñer unha inversión moi cuantiosa, dependendo da súa superficie e dos paneis fotovoltaicos instalados. E se non é protexida debidamente poderíanos causar ainda máis gastos adicionais ou incluso arruinar dita inversión.

Normalmente estas instalacións sitúanse en entornos rurais e dispoñen dun amplo perímetro polo que a súa vixilancia é complicada. E por outra parte, nelas podemos atopar unha ampla variedade de material susceptible de roubo como son as propias placas solares ou o cable de cobre.

Pero, como podo protexer a horta solar de roubos?

1. DELIMITACIÓN PERIMETRAL MEDIANTE CÁMARA DE VISIÓN ARTIFICIAL. Mediante as cámaras de visión artificial delimítase o perímetro a protexer, de xeito que calquera intento de intrusión nesa área será detectado.

2. CONTROL DE ACCESO. En cada unha das entradas pode instalarse un dispositivo que permita o acceso só a personal autorizado. A entrada permitese a través de tarxetas ou de lectores biométricos como a huella ou facial.

3. CENTRAL RECEPTORA DE ALARMAS. A nosa central receptora está activa as 24 horas do día os 365 días do ano. Ao conectar o sistema á nosa central receptora, cando se produce un intento de intrusión, os operadores poden verificar o ataque con aviso inmediato á Policía e intervención en directo con Megafonía para disuadir da intrusión.