Domótica: unha viaxe á próxima xeración de seguridade e o confort

13 Decembro, 2019

Imaxínaste acender a luz do teu local sen pulsar o interruptor? Queres escoller a temperatura á que vai estar a túa casa cando chegues de traballar? Gustaríache asegurar, máis dunha mañá, que apagaches tódolos aparellos electrónicos antes de saír?

Si é así temos dúas boas noticias para ti. A primeira é que xa podes facelo, e a segunda é que non é maxia, é domótica.

A domótica e un conxunto de tecnoloxías que permiten controlar e automatizar a túa casa para mellorar en prevención e protección, para empregar os recursos de xeito eficiente e para gañar en confort e comodidade.

No eido da seguridade, a domótica permite controlar a alarma da túa casa ou do teu local dende o móbil ou bloquear e desbloquear accesos e portas. Co obxectivo de conseguir un fogar ou un negocio máis eficiente, a automatización posibilita o control da temperatura, apagar acender luces, comprobar que ningún aparello electrónico está enchufado ou saber cando se produce un corte de luz. Ter unha casa intelixente tamén che axudará a ter unha vida un pouco máis sinxela, podes abrir a porta do garaxe ou baixar e subir persianas dende o teu teléfono.

En Seguridade A1 temos varios anos de experiencia no eido da domótica, experimentando e mellorando diversos sistemas para ofrecer a mellor solución aos nosos clientes. Moitas empresas e particulares xa confían en nós para transportar o seu negocio ou o seu fogar á seguinte xeración da seguridade e do confort. Apúntaste a esta viaxe con nós?