VIDEO PATROCINADO POR: 
Para facilitar o proceso de Control de Aforo nos locais, ofrecemos unha solución 100% automatizada: o AFORADOR VIRTUAL. Controla o número de persoas que entran e saen dun local de forma automática, mediante un sensor de visión artificial situado no acceso principal.
Nunha pantalla exterior de cartelería dixital é visible en todo momento o control de aforo. Esta pantalla comunica aos clientes de forma inequívoca que están a entrar nun local seguro, que conta con medidas de control avanzadas. O seu formato e contido son totalmente personalizables, podendo engadir promocións ou outras mensaxes. Dándolle de este modo outra funcionalidade a esta solución.
No caso de que un cliente salte o sinal, alertarase mediante unha mensaxe acústica preconfigurada para que agarde antes de entrar.
O aforador virtual é unha solución automática sinxela e escalable.
Cartelería dixital que regula o acceso seguro ao local. Este tipo de cartelería permite personalización do formato e contido, para adaptar a información ao tipo de negocio (promocións, publicidade…)
Sensor de visión artificial colocado no acceso, para o conteo de persoas:
A implementación deste sistema permite, grazas ás aplicacións de Visión Artificial, ter información e datos estadísticos da audiencia e visitas, moi valiosos para o teu negocio:
- Regula o acceso en función do aforo permitido e as persoas que xa hai dentro do local.
- Rexistra o número de persoas que acceden ao local por día.
- Informa sobre os momentos de “Prime Time” (franxas día de máis visitas).
- Descubre patróns de comportamento dos visitantes (en función da climatoloxía, eventos, publicidade…).
- Emite mensaxes en función do aforo ou outros eventos automatizados.
Estadísticas e datos que poderías obter: