Blindando concellos contra os delitos

24 Febreiro, 2020

Todo plan de seguridade ten como finalidade a protección dun determinado OBXECTIVO. Ao redor da protección de dito OBXECTIVO, impleméntanse unha serie de productos e servicios que, en conxunto, garantan dita labor.

Tradicionalmente, no sector da Seguridade Privada os obxectivos a protexer son as persoas, a súa integridade física e o patrimonio persoal ou empresarial. Seguridade A1 presenta unha revolucionaria solución, desta vez, centrado o foco da protección na sociedade e os cidadáns no seu conxunto. Facémolo baseándonos en solucións de seguridade avanzada de éxito xa contrastado no sector privado e adaptámolas a propósitos de SEGURIDADE CIDADÁ, na que o gran beneficiado final será a sociedade.

Desarrollamos un sistema que blinda os concellos contra os roubos e actos delictivos detectando AMEAZAS para anticiparse aos fenómenos antisociais. Mediante sensores de visión artificial e unha plataforma de explotación de Big Data, somos capaces de xerar unha ferramenta de uso policial que:

  • Axuda ás forzas e corpos de seguridade do concello a multiplicar a súa eficacia.
  • Permite ANTICIPARSE á consumación de delitos realizando unha labor de protección realmente avanzada e proactiva (detección de AMEAZAS).
  • Consigue unha sensación de seguridade/benestar sobre a sociedade civil ao axudar a reducir os actos delictivos en torno a un 65-70%.

A solución orixinada conta cun avanzado sistema de visión artificial que, asociado a unha plataforma de explotación de datos única, permitirá ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado ter unha ferramenta de vixilancia e alerta policial única e sen precedentes no mundo da Seguridade Cidadá.

¿Desexas unha información máis ampliada? Nin o dubides; ponte en contacto connosco e enseguida te informaremos de todo o que podemos facer por ti.