Sempre alerta

SOLUCIÓNS

INTEGRAIS

DE SEGURIDADE

Protexer

para medrar

Deseñamos, desenvolvemos e implantamos proxectos de seguridade aplicada á protección de inmobles e industrias, á detección e extinción de incendios, á domótica, ao control de accesos ou á videovixilancia. 

Seguridade intelixente

Os sistemas de seguridade intelixente non só protexen instalacións e inmobles, tamén aportan información para traballar na prevención e ofrecen datos que che axudan a tomar as decisións axeitadas para o teu negocio ou para a túa en vivenda, ou o que é o mesmo, para facer a túa vida un pouco máis sinxela As nosas solucións baséanse na protección, a innovación e a tecnoloxía.

Solución

Protección
contra o lume

Deseñamos, instalamos e ofrecemos o mantemento de sistemas de detección e extinción de incendios. Algunhas das industrias galegas máis destacadas confían en nós para protexer as súas instalacións do lume e para elaborar protocolos de seguridade e plans de autoprotección.

Solución

Centro receptor de alarmas

A Central Receptora de Alarmas permanente recibe e xestiona calquera incidencia ou necesidade nas instalacións dos nosos abonados as 24 horas do día. Dende aquí impedimos as intrusións, os intentos de sabotaxe ou as avarías do sistema e prestamos apoio ao equipo técnico para lograr un servizo áxil e de calidade. 

Solución

Equipamento de seguridade

Proporcionamos medidas de seguridade para impedir ou atrasar o máximo posible unha intrusión e minimizar os efectos do roubo.

Instalamos portas acoirazadas de máxima seguridade e ofrecemos aos nosos clientes un servizo de cerrallería dispoñible as 24 horas do día. 

Pechaduras analóxicas e dixitais, cristais blindados, sensores ou caixas fortes que almacenan información e son resistentes a inundacións, incendios ou humidade.

Solución

O ÚLTIMO NO BLOG

12/01/2024

Que é seguridade activa e seguridade pasiva e porqué debes combinalas

Ver máis
25/08/2023

Guía completa sobre as Torres de Videovixilancia: que son, para que sirven e como se utilizan.

Ver máis
31/05/2023

10 consellos sobre como aumentar a seguridade no teu fogar

Ver máis
Servizo Galego de Saúde
Finsa
Feiraco
Estrella Galicia
Correos
Coren
Aena
Alcampo
Bosch
Catedral de Santiago
Clesa
Concello de Santiago
Xunta de Galicia
Plenoil

¿TES ALGUNHA DÚBIDA? ESTAMOS AQUÍ PARA AXUDARTE!